Lamentable falla de respecto institucional da Xunta na visita á lousa de Carballeda

Lamentable falla de respecto institucional da Xunta na visita á lousa de Carballeda

A parlamentaria ourensá Carmen Acuña lamentou hoxe a “falla de respecto institucional” amosada polo Goberno galego o utilizar unha visita ao Centro de Tecnificación da lousa do Conselleiro de Industria “para facer un acto de partido” ao non convidar tamén aos representantes da oposición. A responsable socialista levará ao Parlamento a actuación do goberno galego a través de varias iniciativas.

Acuña cualificou este acto de “visita furtiva” por canto foi planificada co obxectivo de “organizar unha foto de familia” en lugar de preocuparse pola situación real e nestes tempos tan dramatica que esta a vivir o sector da lousa galega.

A socialista denunciou que a Xunta “mira para outro lado” mentres case todas as explotacións recorren a aplicar un ERE aos traballadores e traballadoras. Lembra que “nada mais chegar Feijoo ao Goberno da Xunta anulou o Plan Lasa para os parados da lousa”.

Advertiu que “analizaremos o compromiso do conselleiro vendo se acepta a solicitude que os socialistas lle plantexaremos na Cámara para potenciar a comercialización da lousa no mercado francés e para a posta en marcha de medidas que avalen ás empresas da lousa a través do Igape

Lamentou que o goberno visite a comarca “para facer un acto de partido en lugar de utilizala para traer solucións”. O compromiso do PP con Valdeorras xa quedou claro nos orzamentos onde non contemplan nin unha soa medida par o sector da lousa . Acuña dixo estar “estupefacta” diante do desleixo dunha Xunta que “en lugar de loitar por axudar aos galegos e galegas, renuncia a impulsar a economía e a creación de emprego mentres desmantela os servizos públicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar