Lamentable falla de compromisos firmes de Feijóo contra a corrupción

Lamentable falla de compromisos firmes de Feijóo contra a corrupción

Lamentable falla de compromisos firmes de Feijóo contra a corrupción

Grupo SocialistaJosé Luis Méndez Romeu sinala que as propostas presentadas polo presidente da Xunta “son falsas ou son mentira” e advirte que “non está lexitimado para dar leccións”.

Reclámalle que explique a “presunta financiación irregular” do PP galego e a súa implicación nos casos de corrupción investigados pola xustiza.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu a “falla de compromisos firmes” de Feijóo contra a corrupción. Así o dixo na comparecencia do presidente da Xunta sobre corrupción que tivo lugar hoxe no Pleno do Parlamento, e na que lle lembrou que ata o momento “as súas propostas son falsas ou son mentira”.

O responsable socialista advertiu que o presidente da Xunta “non está lexitimado para dar leccións” sobre corrupción mentres se negue a explicar o presunto financiamento irregular do PP galego. Reclamoulle que “si quere un compromiso firme debe optar pola exemplaridade” na súa actuación á fronte do goberno galego, con “mais feitos e menos verbas”.

Así, lembrou que continúa sen explicar a situación do ex secretario de Organización do PP galego, Pablo Crespo, para quen o fiscal solicita 42 anos de cárcere. Criticou que Feijóo evitou dar conta da implicación do seu partido na trama Gürtel, o financiamento da sede de Pontevedra, o financiamento do seu partido en Ourense, a Operación Zeta ou as “amizades perigosas” con presuntos conseguidores de contratos irregulares.

Méndez Romeu lembrou que “a súa responsabilidade é grande” e reclamoulle ao presidente da Xunta que “remate coa persecución xudicial de cargos políticos, coa captación discutible de alcaldes, integrar e impulsar unha ética pública que acabe con estas actitudes tan pouco presentables”.

Catálogo de medidas

O responsable socialista puntualizou hoxe que parte do “catálogo de medidas” presentado por Feijóo fora rexeitado polo PP no debate do Estado da Autonomía cando as presentou o Grupo Socialista. Ao mesmo tempo, as propostas presentadas polo PP, apoiadas polos socialistas galegos, permanecen dende entón sen desenvolver.

Méndez Romeu sinala que esta situación evidencia que o presidente da Xunta presenta as súas propostas co único obxectivo de “reiteralas para logo non aplicalas”, demostrando sobradamente o incumprimento dos acordos parlamentarios. Reclamoulle así que abra a porta á participación dos demais partidos políticos para acordar unha “ética pública compartida e baseada na exemplaridade”.

O portavoz socialista desacreditou a actuación do PP, que contradí os seus anuncios negándose a endurecer a “porta xiratoria” a través do Estatuto do Alto Cargo, ou rexeita modificar a Lei de contratos do sector público cando o 47 por cento dos contratos da Xunta en 2014 foron asinados sen libre concorrencia.

Méndez Romeu reclamou “ética e estética” mentres a Xunta agocha as cláusulas do contrato co hospital privado Povisa, ao que entregou 726 millóns de euros a través dun contrato negociado sen publicidade. Criticou que Feijóo teña proposto encetar unha reforma da Lei Electoral retirada polo Estado.

O responsable socialista advertiu ademais que mentres Feijóo propón que o Consello de Contas “se ocupe da corrupción”, escolle como conselleiros a “persoeiros recoñecidos do PP” e rexeita as emendas socialistas para incrementar os orzamentos do ente fiscalizador ou ampliar as súas funcións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar