Lamentable desleixo de Feijóo fronte á "tormenta perfecta" do sector lácteo

Lamentable desleixo de Feijóo fronte á "tormenta perfecta" do sector lácteo

Lamentable desleixo de Feijóo fronte á "tormenta perfecta" do sector lácteo

Pablo García advirte dunha “falla absoluta de estratexia, liderado e peso político” do goberno de Feijóo mentres Galicia vende o leite máis barato do Estado

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou a “falla absoluta de estratexia, liderado e peso político” da Xunta cando o sector lácteo afronta a “tormenta perfecta”. García presentou unha moción parlamentaria que será debatida no próximo Pleno cunha batería de medidas para afrontar a caída dos prezos, que sitúan a Galicia na cola do Estado, e o remate do sistema de cotas.

O responsable socialista censurou a “vanidade” amosada por Feijóo, que rexeitou sistematicamente todas e cada unha das propostas dos socialistas para reforzar ao sector cando os prezos estaban mais altos. Agora, dixo, os gandeiros e gandeiras galegos están “á intemperie”, cobrando 33 céntimos por litro, un 10 por cento menos que a media da UE e tendo que alugar en moitos casos cota por 7 céntimos a outros países.

Ironizou co feito de que “non podemos rexeitar ningunha medida posta en marcha pola Xunta a favor do sector sinxelamente porque non puxo ningunha medida en marcha”. A falla de iniciativa do goberno galego provoca a vulnerabilidade do sector sen contratos coa industria, o paquete lácteo sen desenvolver a seis meses do remate do sistema de cotas e coa ameaza de supertaxa enriba da mesa.

A esta situación súmase a crise provocada polo veto ao mercado ruso, que deixa 3.500 millóns de litros de leite sen destino e ameazando con rachar o mercado español, cun déficit de 3 millóns de toneladas anuais. Mentres, dixo, a Xunta demóstrase “desbordada” e vai rexeitando a maioría das axudas solicitadas polas explotacións gandeiras nos Planes de Mellora e Modernización.

García considera “incomprensible” que Galicia non sexa quen lidere o sector do leite nacional cando ten mais do 40 por cento da produción de leite do Estado e mais da metade dos produtores, dando emprego a 40.000 persoas. Criticou que a Xunta non presentara en cinco anos unha soa iniciativa de peso cando “non hai ningún comisario europeo ao que botarlle a culpa, temos un prezo competitivo e hai mercado interno”.

Ademais, engadiu, o goberno galego demostrou a súa “absoluta falla absoluta de peso político” cando o Ministerio de Agricultura ignorou tódalas aportacións á Lei de Cadea Alimentaria, a proposta de situar mediadores para garantir a sinatura de contratos en aplicación do paquete lácteo, e o tamén o último reparto feito da Reserva Naional.

Medidas

García propuxo a toma de medidas por parte do goberno galego “que non precisan de cartos, ningún desembolso nin aportación económica” e resultan fundamentais para garantir a viabilidade do sector. Reclamou un plan específico de seguimento dos prezos, entregas, arrendamentos ou contratos, consensuado co sector, así como trasladar unha postura clara e concreta fronte ás modificacións do paquete lácteo.

Reclama ademais unha “liña quente” entre a Xunta e o Ministerio para facerlle chegar “medidas claras e concretas que a UE debe adoptar urxentemente para paliar os efectos do veto ruso”. Propuxo ademais aumentar a dotación para almacenamento privado e aumentar o prezo de intervención, vixiando posibles casos de “dumping” empresarial pola entrada de produtos excesivamente baratos para romper cos prezos.

Un plan plurianual de investimentos priorizando o sector para que os gandeiros poidan dispoñer de mais terra, diante do papel determinante que xogarán os custes da produción de leite e o axeitado aproveitamento do “factor terra” no novo escenario liberalizado.

O deputado socialista calificou como inaceptable a denegación da maioría dos Plans de Mellora e Modernización solicitados. “Con este escenario, a única medida para axudar directamente ó sector que tiña a Consellería, non só non a utiliza senón que penaliza a aquelas explotacións que apostaron por seguir producindo e por invertir”. “ Por decisión deste goberno embarcou os gandeiros a face inversións, a solicitar e pagar licencias urbanísticas, a iniciar as obras porque os prazos que daban eran irrealizables ... e agora denégalles a axuda”.

Pablo García manifestou que o PSdeG-PSOE buscará alianzas cos demais grupos, con concellos, con alcaldes e coa sociedade en xeral de moitas zonas que dependen deste sector para buscar unha saída a estes afectados. De non atopala para moitas explotacións sería a “estocada definitiva por parte do goberno Feijoo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar