Lamentable cinismo do PP ao rexeitar no Parlamento a etiquetaxe das conserva con mexillón galego

Lamentable cinismo do PP ao rexeitar no Parlamento a etiquetaxe das conserva con mexillón galego

Lamentable cinismo do PP ao rexeitar no Parlamento a etiquetaxe das conserva con mexillón galego

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, denunciou hoxe o “lamentable cinismo político” do PP ao rexeitar na Comisión de Pesca celebrada hoxe a etiquetaxe das conservas que inclúan mexillón galego. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para incorporar a etiquetaxe destes produtos na nova normativa europea que entra en vigor o 13 de decembro.

Val Alonso sinalou que o PP “desautorizou hoxe toda a campaña que están a desenrolar nos concellos galegos, nos que apoian incluír ao mexillón na nova normativa de etiquetaxe” dos produtos de alimentación. Para o deputado socialista o veto de hoxe demostra que “o seu compromiso co sector do mexillón galego está baleiro de contido e as súas promesas a través dos concellos son papel mollado”.

Aludiu a que actualmente os concellos galegos están a aprobar unha serie de iniciativas impulsadas por tódolos grupos políticos, axentes sociais e produtores de mexillón a favor de incluílo nesta normativa. A proposta xa foi aprobada por unanimidade en Rianxo, A Illa de Arousa, Pobra do Caramiñal, Boiro ou a Mancomunidade de Arousa Norte, e está pendente de votación noutros 30 concellos.

Pouco exemplificador

O responsable socialista lembrou que o novo regulamento de etiquetaxe de alimentación “resulta pouco exemplificador ao excluír soamente a un sector, o dos produtos transformados e de conservas, fronte ao resto dos produtos do mar e fronte aos demais alimentos”.

De non cambiarse esta regulamentación, advertiu, Val, “a partir do 13 de decembro daráselle cobertura legal ao que é unha fraude ao consumidor”. Aludiu ás conserveiras que utilizan mexillón foráneo e o anuncian como galego cando en realidade “tan só son procesados en plantas galegas”.

Acusou ao PP de “amparar que a UE deixe a un produto galego de alta calidade amparado por unha Denominación de Orixe protexida” fora dunha normativa dirixida a garantir un alto nivel de protección dos consumidores, asegurar un funcionamento correcto do mercado interior e garantir o dereito dos consumidores á información.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar