Lamenta que Feijóo non quixese levar a ningún medio de comuniación a súa viaxe a América para evitar que se sepa todo o que vai facer alí

Lamenta que Feijóo non quixese levar a ningún medio de comuniación a súa viaxe a América para evitar que se sepa todo o que vai facer alí

Lamenta que Feijóo non quixese levar a ningún medio de comuniación a súa viaxe a América para evitar que se sepa todo o que vai facer alí

Laura Seara e Miriam Ferreiro recriminan a fuxida de Feijoo o mesmo día que se aproban os recortes mais serios e mais brutais da democracia

O presidente da Xunta preparou a súa chegada a América con páxinas de publicidade do PP nos periódicos da diáspora, pese a que nega que a viaxe sexa electoral

Pachi Vázquez presidiu a creación do Grupo de Traballo de Emigración e Inmigración da Executiva socialista, formado por responsables orgánicos, institucionais, técnicos e estudosos do fenómeno migratorio

Os socialistas denuncian que os recortes cebaranse mais coas clases menos protexidas do exterior. O 60% dos 8.000 emigrantes que deixaron de cobrar unha pensión asistencial son galegos

Baixo a presidencia do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, se constituíu esta tarde o Grupo de Traballo de Emigración e Inmigración do PSdeG-PSOE. Esta grupo, que coordinarán a Secretaria Executiva deste área, Miriam Ferreiro, e a encargada da Área de Institucional, Laura Seara, está formado por responsables orgánicos provinciais, alcaldes do PSdeG-PSOE e técnicos e especialistas en Emigración e Inmigración que se coordinarán con organizacións da diáspora para buscar solucións aos problemas relacionados cos galegos e galegas de exterior e, sobre todo, analizar a nova corrente migratoria desde Galicia cara a outros países, provocada pola crise.

“Hoxe marchan mozos e mozas de 25 a 34 anos na procura de emprego, como fixeron os seus avós e os seus pais”, denuncia Laura Seara. Os socialistas acusan ao Partido Popular de “estar de brazos cruzados” en materia de políticas de Emigración. “A política de Emigración desapareceu do Goberno de España e do Goberno da Xunta”, continúa Seara, que denuncia que 8.000 emigrantes de primeira xeración, persoas que andan entre os 80 e os 90 anos, deixaron de cobrar unha pensión asistencial, máis do 60% galegos e galegas.

“Así afectan os recortes tamén na diáspora”, sinala a deputada e coordinadora de Institucional do PSdeG-PSOE. Laura Seara denunciou tamén que a Xunta rebaixou un 50% o destinado a Emigración no último exercicio orzamentario. “Un feito que contrasta con que Santiago Camba, o responsable de Emigración da Xunta, sexa o cargo mellor remunerado da Xunta”, sentenciou.

Condenan os socialistas que mentres se producen os recortes “máis serios e máis brutais” da historia da democracia deste país, o Presidente de Galicia fuxe “de tapadillo” a unha viaxe a América da que case nada se sabe e a que non quixo levar a ningún medio de comunicación. “Non sei se porque non quere que se saiba o que vai facer alí ou porque non quere dar a cara e responder ás preguntas sobre a situación tan dramática na que queda Galicia como consecuencia dos seus recortes e os de Rajoy”.

A dirixente socialista reproba as compañías de Feijoo para esta viaxe “na que di que vai na busca de negocios” para as empresas galegas. Non leva nin luz nin taquígrafos, sinalou Seara, pero faise acompañar por “un empresario coas súas empresas en suspensión de pagos”, en alusión ao Presidente da Confederación de Empresarios, e “un conselleiro coa empresas deslocalizadas en Portugal”, facendo referencia aos negocios privados do Conselleiro de Industria.

Pero os socialistas reprochan tamén a Feijoo que oculte a compoñente electoral da súa viaxe a Iberoamérica. Os populares esperan ao Presidente galego con publicidade do partido nos xornais da diáspora, “nunha mostra clara de que ao PP so lle preocupan os emigrantes cando se aproximan eleccións”, dixo a deputada socialista esgrimindo a contraportada do exemplar dun xornal da diáspora que con data do pasado día 10 de xullo, tres días antes da viaxe de Feijoo e que se distribuíra durante a mesma, inclúe unha contraportada con publicidade do PP.

Miriam Ferreiro, responsable de Emigración do PSdeG-PSOE, recrimina a Feijoo que non se teña preocupado da Emigración en tres anos de Goberno. Ferreiro explicou que o Grupo de Traballo que hoxe se creou pretende “poñer no calendario político o tema da emigración e a inmigración”, porque, advertiu, ata o de agora son máis os inmigrantes que chegan que os emigrantes que abandonan o país, pero “pronto se inverterán estas porcentaxes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar