Lage Tuñas propón modificar a actual estrutura organizativa da Xunta e aforrar case 50 millóns

Lage Tuñas propón modificar a actual estrutura organizativa da Xunta e aforrar case 50 millóns

Lage Tuñas propón modificar a actual estrutura organizativa da Xunta e aforrar case 50 millóns

O portavoz da Area Institucional do Grupo Socialista Jose Manuel Lage Tuñas defendeu no Parlamento unha proposición non de Lei para reclamar ao goberno galego que modifique a estrutura organizativa da Xunta para facela máis racional, máis operativa e máis eficiente. Avoga na Comisión 1ª por “evitar duplicidades e reducir organismos públicos ineficientes”.

“Os socialistas facemos unha proposta construtiva para que a actual estrutura da Xunta de Galicia sexa modificada co obxecto de acadar unha maior eficiencia na administración dos recursos públicos, podendo chegar a aforrar 50 millóns de euros no caso de levar á práctica a proposta que vimos de presentar” explica Lage Tuñas.

O deputado do PSdeG afirma que “na actualidade existen centros directivos claramente prescindibles, moito máis aínda na situación actual de crise económica, e é aí onde se deben practicar os recortes, no gasto corrente improdutivo”.

Mini-deputacións

O deputado socialista reclamou “celeridade” ao Goberno de Feijoo para sacar adiante esta reforma “para dar carpetazo a un mal invento como son as delegacións territoriais, xa que o único que pretender facer destes organismo é ser unha mini-deputacion para repetir o modelo clientelar das administración onde goberna o PP”, como por exemplo as deputacións de Ourense e Pontevedra.

Nesta liña os socialistas defenden a supresión das 5 Delegacións Territoriais da Xunta. Lage dixo que estas Delegacións operan dentro da administración autonómica como se foran “mini-deputacions” e están supoñen mais de 3 millóns de euros improdutivo.

Asegura que son organismos prescindibles e que non aportan nada á mellora dos servizos que se lles presta aos galegos na estrutura periférica da Xunta, xa que está funciona razoablemente ben baixo a coordinación dos/as xefes/as territoriais (antigos delegados/as provinciais) de cada Consellería da Xunta.

O parlamentario socialista advirte que os superdelegados foron nomeados por Feijoo como comisarios políticos para controlar a asignación de convenios e subvencións no ámbito local e como “unha extensión do PP dentro da Xunta, seguindo o modelo clientelar co que opera xa dende fai tempo o PP nas Deputacións de Pontevedra e Ourense”.

Lage Tuñas recorda que estas estruturas conta dende a súa creación cun potente gabinete de apoio, dotado con persoal eventual e asesores ao servizo dos novos/as delegados/as territoriais.

“A creación das figuras dos delegados e delegadas territoriais non ten suposto ata a data ningunha mellora na administración dos asuntos ordinarios das galegas e dos galegos, e á vista da súa nula repercusión supón un claro despilfarro, dado que se ten demostrado que son postos absolutamente prescindibles”.

“A súa presenza é irrelevante no funcionamento da administración pública galega, polo que é razoable a supresión inmediata da citada estrutura o que permitirá aforrar máis de tres millóns de euros ao ano á Xunta de Galicia.”

Proposta construtiva

Lage Tuñas afirma que na actualidade hai centros directivos da Xunta que son prescindibles. Dixo que a folla política de Feijóo caracterizase “pola ausencia de ideas, só hai que ver como se aproban máis informes nos consellos da Xunta que acordos ou proxectos lexislativos”.

Na súa iniciativa, Lage Tuñas defende tamén que se fusionen as catro empresas Xestures, nunha única Xestur, e integrar no Igape os recursos, persoal e patrimonio de BIC Galicia e das sociedades Xesgalicia, Sodiga e Inesga procedendo a súa disolución.

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista reclama que se racionalice o volume de cargos directivos e do persoal de libre designación do IGAPE así como racionalizar a estrutura directiva da Presidencia da Xunta evitando duplicidades.

Denuncia que o IGAPE ten 42 directivos e persoal de libre designación para unha plantilla de 91 empregados, co que ve necesario “racionalizar o gasto en persoal directivo neste organismo público”. O portavoz da Area Institucional do Grupo Socialista Jose Manuel Lage Tuñas defende unha proposta construtiva para racionalizar a estrutura do goberno galego

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar