Lage Tuñas pide unha fiscalización exhaustiva sobre o prazo medio de pago da Xunta a proveedores, empresas e particulares

Lage Tuñas  pide unha fiscalización exhaustiva  sobre o prazo medio de pago da Xunta a proveedores, empresas e particulares

Lage Tuñas pide unha fiscalización exhaustiva sobre o prazo medio de pago da Xunta a proveedores, empresas e particulares

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage defendeu hoxe oito propostas de recomendación para os traballos de fiscalización anual que fai o Consello de Contas e recriminou a Núñez Feijóo que “non se pode ir de campión do déficit, con anuncios trampa, cando se meten facturas no caixón dende fai máis de sete meses. Por iso pedimos unha fiscalización exhaustiva por parte do Consello de Contas sobre o prazo medio de pago a proveedores de servizos e sociedades con contratos coa Xunta”.”
Os socialistas conseguiron sacar adiante sete das oito propostas feitas, entre as que se inclúen “a fiscalización dos contratos de subministros e tecnoloxía do Sergas, un informe sobre o abuso da contratación na administracción polo procedemento negociado sen publicidade ou un estudio sobre a dimensión do sector público autonómico”.

Pagos a empresas e particulares pendentes dende fai meses
Destaca nas recomendacións ao Plan Anual de Traballo do Consello de Contas “que se faga fincapé nos prazos medios de pago a provedores por parte da Xunta e das súas sociedades, dentro dos traballos anuais de fiscalización do conxuntos do sector público autonómico.”
Lage Tuñas salientou sobre este punto que mentres o presidente Feijóo insiste nas súas comparecencias semanais en que os pagos a provedores están nun nivel aceptable, en realidade existen atrasos de ata sete meses nos pagos a confrarías, a empresas de construción ou a particulares á espera de que se lles satisfagan as expropiacións. “Non se pode ir de campión do déficit e meter as facturas no caixón”, criticou o deputado socialista.
”As expropiacións dos

terreos do corredor Brión-Noia siguen sin abonarse na súa totalidade dende fai dous anos. Hai confrarías de pescadores con pagos pendentes dende fai meses, e hai constructoras de obra civil que teñen pendentes o abono de certificacións dende o ano 2011. E podería seguir poñendo exemplos da realidade virtual e da propaganda semanal que difunde o Sr. Feijóo. Por iso pedimos que o Consello de Contas analice o prazo medio dos pagos da Xunta de Galicia aos proveedores e sociedades que teñen vínculos contratactuais coa administracción pública” explicaba hoxe Lage Tuñas.

Outra das recomendacións socialistas aprobadas insta ao Consello de Contas a facer unha labor de análise sobre os procedementos negociados sen publicidade utilizados pola Administración autonómica no seu funcionamento e contratación de obras e servizos. Lage Tuñas xustifica o necesario control do abuso das contratacións polo procedemento negociado sen publicidade “xa que se está restrinxindo a competencia entre empresas e impedise na práctica a concurrencia de pequenas e medianas empresas á licitación de obras e servizos da Administración autonómica.”
Lage ademais de recoñecer os esforzos do órgano fiscalizador para presentar un informe anual do grao de cumprimento polas administracións públicas galegas das recomendacións do Consello de Contas recordou que “seis de cada dez recomendacións do Consello de Contas non se cumpren de forma plena polo Executivo galego. Por iso insistimos no cumprimento das recomendacións do Consello de Contas”.

Fiscalización dos entes das Deputacións Provinciais
Tamén se trasladará ao Consello de Contas a recomendación de incluír aso entes ou organismos dependentes das deputacións provinciais. Insistiu neste sentido José Manuel Lage en que, ao igual que sucede coa autonómica, se poña o foco sobre a Administración paralela das deputacións.
Lage Tuñas advirteu que “as Deputacións Provinciais non foron concebidas para adicarse á cría de cabalos, e sí para prestar asistencia e axuda aos concellos”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar