Lage Tuñas denuncia “graves irregularidades” nas oposicións ao corpo superior da Xunta

Lage Tuñas denuncia “graves irregularidades” nas oposicións ao corpo superior da Xunta

Lage Tuñas denuncia “graves irregularidades” nas oposicións ao corpo superior da Xunta

O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario Socialista, Jose Manuel Lage Tuñas, recolleu as reivindicacións dos opositores que levan máis de tres anos agardando para que se finalice o proceso selectivo de acceso ao corpo superior da administracción autonómica (A1) e que está paralizado pola Xunta de Galicia.

Lage Tuñas pide a comparecencia urxente do goberno no parlamento e denuncia “as graves irregularidades” existentes no proceso selectivo do subgrupo A1. O deputado socialista defenderá “os dereitos dos opositores e o respecto á lei” ao tempo que reclama do presidente da Xunta que “poña freo dunha vez por todas ao continuo caos que existe nas oposicións para traballar na Xunta”.

A interpelación presentada polo deputado socialista ten por obxecto que o executivo autonómico explique “os motivos que levan ao goberno galego a ter incumprido de xeito grave a lexislación vixente en materia de función pública”.

Lage Tuñas recorda na súa iniciativa parlamentaria que “o 28 de xullo de 2008 a Xunta de Galicia convocaba o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior (subgrupo A1) da administración da Xunta de Galicia, no cal se convocan 41 prazas deste subgrupo polo procedemento de consolidación de emprego. O prazo máximo legal para a realización das probas dun proceso selectivo é de nove (9) meses.”

“Incumprese o prazo de realización das probas, xa que foi moi superior aos nove meses, pero máis grave é a vulneración dos prazos máximos para a resolución dunha OPE que está fixado en tres (3) anos” indica o deputado do PSdeG.

José Manuel Lage explica que “a este proceso téñense presentado tanto persoas desempregadas como traballadores interinos ou funcionarios. O proceso esgotou tódolos prazos legais e segue sin finalizarse. Pasaron máis de 37 meses e todo sigue igual”.

Os socialistas galegos recordan que por mandato legal as ofertas de emprego público teñen que rematarse no prazo de tres (3) anos, prazo que xa pasou hai tempo posto que ésta publicouse no DOG do día 5 de maio de 2008.

“Cabe recordar que o primeiro exercicio realizouse o día 17 de outubro de 2009, máis de un ano despois da convocatoria. O segundo e o terceiro exercicio realizáronse o día 16 de xaneiro de 2010. Estes exames tiveron que ser lidos ante o tribunal, proceso que tras innumerables retrasos por parte da administracción galega finalizou o día 3 de marzo de 2011.”

“Existe un dobre incumprimento legal xa que por unha banda as ofertas de emprego público teñen que ramatarse no prazo de 3 anos, prazo que xa pasou hai tempo posto que ésta publicouse no DOG do día 5 de maio de 2008. E tamén cabe recordar que tamén por mandato legal os procesos selectivos teñen que resolverse no prazo de 9 meses dende a súa convocatoria. Neste caso sobran as palabras ao ser a convocatoria do día 28 de xullo de 2008.”

Lage Tuñas expón que “na actualidade hai sesenta (60) persoas pendentes de coarenta e unha (41) prazas despois de máis de tres (3) anos. Esta situación está afectando gravemente á saúde destas persoas e das súas familias ao ver como continuamente se retrasan inxustificadamente os procesos administrativos para a resolución desta oposición, o cal incorpora incertidume e desesperación ás persoas afectadas.”

“Unha parte das persoas que están agardando a resolución deste proceso están en paro e están a piques de esgotar a prestación por desemprego e outras persoas subsisten grazas á pedirlle axuda á familia.”

“Unha vez máis podemos apreciar como o goberno galego xoga cos cidadáns que deciden presentarse a unha praza de empregado público, e neste caso vulnerando a legalidade de xeito moi grave, polo que entendemos que é precisa a comparecencia do executivo no parlamento para explicar esta situación que afecta ao corpo superior da administración.”

“O Presidente da Xunta debería tomar decisións sobre a Dirección de Función Pública porque a incapacidade do goberno galego nesta área é manifesta, tendo como consecuencia unha gran desconfianza respecto das oposicións da Xunta de Galicia por parte dos cidadáns que están opositando ao ver como continuamente xurden problemas e graves irregularidades neste ámbeto”, afirma José Manuel Lage.

Os socialistas din que esta denuncia súmase aos continuos problemas existentes nos procesos selectivos de acceso á función pública na Xunta de Galicia dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta.

“A existencia de anomalías, escándalos, filtraccións, retrasos inxustificados no nomeamento de funcionarios ou a paralización de determinadas convocatorias forma parte do lastre que acumula o goberno galego desde a volta do Partido Popular á Presidencia da Xunta”.

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, considera “imprescindible” un cambio nos procesos selectivos que “permitan maior axilidade e maior seguridade aos cidadáns que participan nos mesmos”.

32641281A

Artigos relacionados

12 Comentarios

  1. Opositora
    Agosto 25, 2011 a 10:47

    creo que o señor Lage Tuñas ten unha opinión que, si ben non falta á verdade, é sesgada. Descoñece a opinión dos suspensos e os motivos que os levaron a facer un gran número de alegacións. Entre estes motivos destaca o incumprimento manifesto da Base II.1.1.2 da base da convocatoria que obrigaba a aprobar o segundo examen a 250 opositores e que función pública decide inaplicar porque provocaba litixiosidade (palabras textuais).
    tamén debería ter en conta as resolucións das alegacións presentadas. estas resolucións, asinadas pola presidenta do Tribunal, conculcan gravemente a legalidade. Entre outros motivos destacan: falta de rexistro de saída das mesmas, envíanse entre 2 ou 3 resolucións a cada opositor -limitándose a cortar e pegar un texto-, non respostan ás alegacións presentadas, o Tribunal sinala que a citada base non se pode cumprir porque segundo eles non saben se se pode aplicar unha regla de tres…
    no primeiro exame das citadas oposicións, non dubidaron, e aplicaron textualmente as bases. por qué un cambio de opinión?
    ademais, tería que ter en conta que o actual director xeral de función pública recorreu no seu día as citadas bases da convocatoria como parte da Asociación de letrados e que a presidenta do Tribunal era a secretaria da citada organización (retiraron o recurso no momento do seu nomeamento como director xeral). por outra banda, por qué non pasou o mesmo nas oposicións de A2, C1 e C2?. simplemente, porque a Asociación de Letrados non as recorreu.
    En definitiva, que para coñecer a realidade o señor Lage Tuñas non se debería limitar a coñecer a opinión dos “aprobados” senón que tamén debería coñecer a opinión da Asociación de Interinos e de opositoras/es que coma a min nos cambiaron as regras de xogo en pleno proceso. para iso non debería dubidar en porse en contacto connosco. por suposto, que xa estamos a preparar os correspondentes recursos en vía administrativa e, como non nos van a dar a razón, en vía contenciosa. Todo isto coste o que coste e pese a quen pese.
    pd: pode que ao final a xunta teña que facer como pasou no caso das oposicións de Inspectores de Turismo -anuladas polo TS- e que agora, en lugar de repetir o exame a todo opositor, manteñen aos aprobados no seu día e crean 12 prazas novas para que realicen de novo o exame obxecto de conflicto. Típica trapallada da Xunta.

    • opositor 2
      Agosto 25, 2011 a 14:26

      Dacordo coa opositora anterior, non se poden cambiar as regras do xogo no medio do partido, e tendo tomado unha decisión totalmente oposta no primer exame. Estou coa opositora anterior. Grazas

    • Ana
      Agosto 26, 2011 a 08:46

      ESTOU TOTALMENTE DE ACORDO CO FORMULADO E ENGADIR :

      A vulneración dá aplicación dá base II.1.1.2 do segundo exercicio(si foi aplicada correctamente á aplicación da base do primer exercicio) cando ou Tribunal formado 19 de outubro de 2010( con variacións na composición nas datas anteriores do 23 de detembro de 2009, 04 de decembro de 2009, a data 12 de maio de 2010 e 19 de outubro de 2010), acordou na reunión celebrada o día 24 de xaneiro de 2011 dar unha interpretación a contido da base, contradicendo a reiterada xusrisprudencia dás sentezas do Tribunal Supremo.

      Outro feito de gavedade na alteración da base deste proceso é aprobación e ratificación polo director xeral da Función Pública no escrito emitido na data 14 de marzo de 2011 por consentir a vulneración das bases do órgano colexiado neste proceso selectivo.

      A respota do Tribunal calificador non só vulnera ás bases do proceso selectivo si non que se aparta dous criterios seguidos polos outros Tribunais calificadores dá misma administración autonómica ante as bases dos procesos de consolidación de emprego respecta ou establecido nos procesos selectivos:

      • Corpo auxiliar dá Xunta de Galicia, subgrupo C2, mediante a resolución de 27 outubro de 2010 na primeira e na segunda proba cumpren as bases.
      • Corpo administrativo dá Xunta de Galicia, subgrupo C1, na resolución de 14 de xaneiro de 2010, na primeira e na segunda proba cumpren as bases.
      • Corpo de xestión dá Xunta de Galicia, subgrupo A2, na resolución de 17 de marzo de 2010, na primeira e na segunda proba cumpren as bases.
      • Corpo superior dá Xunta de Galicia , subgrupo A1, na resolución 28 de xullo de 2008, só na primeira proba cumpren as bases pero incumpre na segunda proba a aplicación das mesmas.

    • Xuntero
      Agosto 26, 2011 a 15:27

      ¿Por qué no se hizo lo mismo en el A2, C1 y C2? Porque el número de presentados no suponía un aprobado general.

      Vamos a ver, que estamos hablando de una oposición del grupo A1, no de una prueba de guardería!!!!!!!!!

      ¿Es tan difícil de endender? MÉRITO Y CAPACIDAD

  2. Opositor
    Agosto 26, 2011 a 15:08

    Opositora, seguides a querernos facer parvos aos demais. Hai que recoñecer que esta base da convocatoria ten múltiples interpretacións, pero vos soamente credes que a vosa é a verdadeira e a única válida. Dende o comezo deste proceso os interinos se pensaron que ían acadar unha praza sen facer nada, e agora ven que para aprobar unha oposición hai que estudar e moito.

    Se pasan o segundo exame 250 persoas, daríase o caso de que aspirantes que soamente puseron o seu nome e apelidos no folio se verían cun aprobado con 10 puntos (sobre 20 en total). Isto faría que as notas das persoas que sacaron moi boa nota nos temas e no suposto práctico quedara totalmente distorsionada en relación á destas persoas.

    De todas formas repito que esta base non dí que teñan que aprobar o segundo exame 250 persoas, hai que ler a base con calma e sen predisposición a entender o que non pon.

    A actuación do actual tribunal foi en todo momento intachable, e cumpre totalmente coa legalidade ao permitirllo algo co que parecía que vos non contabades: a limitación para o aprobado no segundo exame en obter un mínimo de 4 puntos na primeira proba e de 10 punto no total das dúas. Esta premisa é a que salva a legalidade da actuación do Tribunal.

    Ademáis facer o contrario, é dicir, que aprobaran 250 persoas, causaría aprobaran persoas que non demostraron ningún tipo de coñecemento do temario do segundo exercicio, é dicir, estaríanse vulnerando flagrantemente os principios constitucionais de mérito e capacidade no acceso á función pública.

  3. Opositor
    Agosto 26, 2011 a 15:37

    É incerto que o Tribunal incumprira a base da convocatoria. Soamente os quedades co que vos interesa. A mesma base di que para aprobar o segundo exame hai que ter un mínimo de 4 puntos na primeira proba e 10 sumando as dúas. Isto é o que salva a actuación do Tribunal.

    Pensabades dende o comezo do proceso que aprobaríades o a oposición soamente polos vosos puntos, de feito xa tiñades unha nota de corte dende hai máis dun ano (40 puntos se non recordo). A vosa prepotencia non vos deixou ver a realidade.

    É certo que a base é interpretable, e que lendoa a primeira vez semlla entender que teñen que aprobar o segundo exercicio 250 persoas. Pero ao analizala con calma, daste conta de que non pon exactamente isto.

    De todos os xeitos se aprobaran 250 persoas daríase o caso de persoas que aprobarían o exame de desenvolvemento de temas soamente con poñer o seu nome e apelidos. Isto iría flagrantemente en contra dos principios constitucionais de mérito e capacidade no acceso á función pública, e caeríase facilmente en vía xudicial.

    Polo tanto a actuación do actual Tribunal foi en todo momento impecable, non deixándose levar por un grupo de opositores interinos que se cren xuíces do Tribunal Supremo.

  4. opositora pre_parada
    Agosto 27, 2011 a 20:57

    Señor Lage Tuñas.
    A la vista de su actividad para que la Xunta respete la ley en el proceso de consolidación del grupo A1, me permito remitirle mi opinión sobre algunas de las irregularidades en dicho proceso, agradeciéndole el interés que se toma en este asunto.

    Las irregularidades del proceso selectivo empezaron desde el momento en que José María Barreiro fue nombrado director de Función Pública.

    Barreiro, letrado de la Xunta era en ese momento presidente de la asociación profesional de letrados de la Xunta, Asociación que recurrió la orden de 18 de julio de 2008 que convocó este proceso selectivo por considerarlo ilegal (recurso contencioso administrativo nº 1213/2008 del TSJ de Galicia). Casualmente la asociación decidió desistir de dicho recurso en el momento en que Barreiro fue nombrado Director General, probablemente porque entendía que podían entender el mismo resultado por vías indirectas.

    La verdad es que desde dicho momento empezaron las “incidencias”, que motivaron la dimisión de varios miembros del tribunal designado para evaluar el proceso selectivo, hasta que en Octubre de 2010, se nombro presidenta a Isabel Novo miembro destacado de la asociación de letrados pues era secretaria de la junta directiva cuando Barreiro era presidente y posteriormente es designada vicepresidenta de dicha asociación.

    Desde luego es significativo que entre los cientos de funcionarios capacitados para desempeñar esta función se elija precisamente a la vicepresidenta de una asociación que recurrió el proceso selectivo que tiene que resolver, y que no se encuentra en una situación que garantice su imparcialidad. El resultado fue que el tribunal en una resolución sin precedentes decide no aplicar las bases de la convocatoria precisamente en aquel aspecto que la asociación de letrados consideraba ilegal, que el aprobado del segundo ejercicio se fijase en la nota del candidato nº 250 de la escala elaborada con las calificaciones otorgadas por el tribunal.

    Esta inaplicación de las bases favorecen a los candidatos sin experiencia en la administración desnaturalizando un proceso “extraordinario de consolidación” que pretendía como declara la Oferta Pública de Empleo de 2008 favorecer la estabilidad en el empleo del personal interino, lo que contrasta vivamente con el hecho de que la mayoría de los aprobados carecen de experiencia administrativa previa, hecho insólito en todos los procesos de consolidación de empleo convocados por las administraciones públicas españolas.

    La parcialidad del tribunal fue puesta de manifestó por diversos participantes en el proceso, que presentamos la recusación de los miembros del tribunal y de otros funcionarios y autoridades que interviniesen en el procedimiento y que fuesen miembros de la asociación profesional de la Xunta.

    La recusación tardó en resolverse casi tres meses cuando el plazo legal es de 3 días, y al final la Conselleira de Facenda entendió que no existía motivo de recusación, aceptando la propuesta ¿formulada por quien…?Pues aunque resulte manifiestamente contrario a la ley la propuesta la formula el propio Señor Barreiro que en su condición de expresidente de la Asociación de Letrados estaba también afectado por la recusación presentada, es decir el Sr Barreiro es a la vez juez y parte y decide que no procede la recusación de los miembros de una Asociación de la que el mismo es asociado.
    Recordar que la intervención en un procedimiento cuando existe causa de abstención es motivo de responsabilidad según recoge la ley.

    Además de esto el Sr Barreiro ha tenido un protagonismo absolutamente irregular en la actuación del tribunal, y así de la contestación dada a los opositores que presentaron alegaciones a las puntuaciones del segundo ejercicio, tuvo una reunión con el tribunal para decidir cómo se aplicaba la base, tramite claramente irregular y que elimina la independencia que deben tener los tribunales de selección de personal. Por supuesto su intervención fue para apoyar la inaplicación, de la base recurrida por su asociación , como queda expuesto lo que subyace en toda estas actuaciones del tribunal y del Sr Barreiro es la manifiesta intención de favorecer a los candidatos sin experiencia Administrativa, frente al personal interino que ocupaba estas plazas y cuyo destino es engrosar las listas del paro desaprovechando la experiencia y capacidad demostrada durante años, buena prueba de esta intención son las palabras de la Conselleira de Facenda del faro de Vigo de 13 de junio de 2011 “ no se puede consentir que todos los aprobados sean interinos, que es lo que sucedería si se aplicase la base”.

    Esta afirmación pone de manifiesto dos cosas; la primera es que la base se podía aplicar y la segunda que no se hace así para conseguir un resultado contrario a la ley, que precisamente busca esta consolidación del personal interino, por lo que supone una confesión de su irregular actuación.

    ¿Por qué este interés en favorecer a los opositores libres? Es posible que esto tenga relación con la circunstancia, recogida en diversos foros y que circula entre los funcionarios de la Xunta, de que el Sr Barreiro se dedicaba antes de ser director general a la preparación de opositores, actividad que realizaba con otros letrados de la Xunta, entre ellos algún otro alto cargo actual , por lo que la inaplicación de las bases vendría a favorecer a sus antiguos clientes. Recordar que los miembros de los tribunales y sus asesores deben abstenerse de intervenir en los trabajos de selección de personal cuando hubiesen colaborado de cualquier forma en labores de preparación de opositores, por lo que de ser cierto supondría una actuación , no solo éticamente reprobable sino también contraria a la Ley.

    Muchas gracias por su atención quedo a su disposición para cualquier aclaración, no dude en contactar conmigo, esta es mi direcci.on
    Interina.pre_parada@yahoo.es

    • Opositor
      Setembro 1, 2011 a 19:28

      Entre as persoas que aprobaron o segundo exercicio hai interinos/as con máis ou menos puntos, xente da rúa sen puntos e persoas que xa son funcionarias. Parece que queres dicir que os/as que non teñen puntos non teñen experiencia na administración, cousa totalmente errónea. Calquera dos/as funcionarios/as que aprobaron este exercicio teñen como mínimo tanta experiencia coma tí, senon máis.

      En canto a que os/as aprobados/as foron preparados/as por persoal da escala de letrados, nada máis lonxe da realidade. Creo que entre os/as 60 non hai nin 1.

      Polo menos non faltedes á verdade.

      Vexo que tendes o apoio dos sindicatos, como non podía ser doutra forma. Estes queren que aproben persoas canto máis borregas mellor, para logo captalas e manexalas cando cheguen a postos. Saben que os demais non lles facemos nin caso.

      ¡Que non se pode aprobar un exame poñendo o none e apelidos como vos pretendedes!nn1

  5. Opositor
    Agosto 29, 2011 a 13:08

    A convocatoria di literalmente:

    “Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos (de 0
    a 10 cada proba) e para superalo será necesario
    obter un mínimo de 4 puntos na primeira proba e de
    10 puntos no total resultante da suma das dúas. Esta
    puntuación mínima virá dada pola que acade o/a
    aspirante que quede clasificado na posición número
    douscentos cincuenta (250) nunha escala establecida
    entre o aspirante con máis puntuación outorgada
    polo tribunal e o que teña a menor delas. Se hai
    varios aspirantes coa mesma puntuación que o que
    ocupe o posto número douscentos cincuenta (250),
    entenderase que todos eles estarán aprobados”.

    Deste xeito o número 250 soamente afectaría se aprobaran o segundo exercicio máis de 250 persoas, é dicir, máis de 250 persoas que acadaran un mínimo de 4 puntos na primeira proba e de 10 na suma das dúas.

    Polo tanto a actuación do Tribunal é en todo momento correcta.

  6. interina
    Agosto 30, 2011 a 14:26

    estimado sr tuña, quiere mas carnaza, a lo mejor ahora que esperido electoral les viene bien algo de carnaza, a su disposición

    Alegacións a acta da reunión do día 1 de agosto de 2011, mantida entre os representantes da consellería de economía e industria e os representantes das organizacións sindicais:

    Debe sustituirse o contido da acta no relativo a intervención o representante da CIG, Sr. Graña Suárez do seguinte xeito
    [O representante da CIG, Sr. Graña Suárez, manifesta que:

    1. O termo “chiringuito” é unha expresión dada polos propios traballadores da dirección xeral que ven con preocupación a súa integración na . Fundación Fomento Calidade Industrial,entidade sobre a que pesan unha gran cantidade de demandas ante os xulgados e ante a inspección de traballo por causas de represión sindical, acoso laboral, contratacións en fraude de lei, etc
    2. Non lle parece a forma máis axeitada de comezar un proceso de negociación das normas de carácter regulamentaria, remitindo nun principio, a convocatoria desta reunión 24h antes de que esta tivese lugar, se ben o final agradecese que se aceptasen atrasar dita reunión
    3. O parágrafo 5 da disposición adicional segunda da Lei 16/2010, deixa claro que a partir da súa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2011, as competencias e os medios persoais e materiais da actual Dirección Xeral, deberán pasar directamente á Axencia Galega de Innovación, sen que poda a Administración dispoñer destas suprimindo funcións ou trasladando medios humanos e materiais a outros departamentos.
    4. Non se poden crear na RPT de SSCC as prazas derivadas da execución de sentenza xa que:
    • No caso do persoal laboral que se quere mover a secretaria xeral, no mes de xullo a xuíza que ditou a sentenza de despedimento nulo por represión sindical, requiriu a xunta (parte executada) para que procedese a readmisión efectiva da executante nos termos recollidos no antedito mandato xudicial
    • No caso da persoa transferida a Consellería de educación, réstalle por ser xulgado a lo menos unha demanda sobre a existencia dunha cesión irregular entre a xunta e a fundación, que determinará que tipo de relación laboral mantén coa administración. Boa proba do antedito é que na modificación da RPT non figura o código da praza da antedita traballadora (xa que esta non se pode crear), pero si figuran as prazas do resto do persoal transferido.
    5. En calquera caso se “transferiu” ao persoal a consellería de Educación sen realizar ningunha negociación previa coas OOSS.
    6. Se debe xustificar como se avaliou o coñecemento do inglés que posúen
    • tanto dos traballadores da DXIDI, coma os que xa se “transferiron” a educación. Fai constar que unha das persoas transferidas posúe a titulación de filoloxía inglesa, e no seu momento ocupaba unha praza que tiña como requisito na RPT o coñecemento daquela lingua.
    • como do persoal técnico e directivo da fundación que se queren integrar na axencia.
    7. Se debe informar as OOSS sobre a avaliación das labores desenvolvidas pola antedita DXIDI para que se poida xustificar a necesidade de crear a antedita axencia, xa que de haber algún problema, moi probablemente este pode ter a súa orixe no traballo desenvolvido polos directivos da antedita DXIDI ou da fundación, en caso contrario se estaría a faltar a profesionalidade dos traballadores.
    8. Respecto ao informe asinado o 28/12/2010 pola asesora xurídica da Consellería de Economía e Industria sobre a encomenda de xestión asinada entre a consellería e citada fundación. (cuns orzamentos para o exercizo 2011 de 1.800.000 euros o ano), no que se fai referencia, entre outras cousas, a que un traballador da Fundación non se lle pode considerar traballador da dirección xeral de I+D+i, e que as labores desenvolvidas polo fundación son de apoio as labores propias da antedita DXIDI. Polo antedito:
    • non se podería integrar a traballadores da fundación dentro da antedita axencia, con independencia do carácter temporal ou fixo da súa relación laboral coa citada fundación.
    • no caso de que houbese traballadores da DXIDI desocupados, habería que trasladar os expedientes dende a antedita fundación a DXIDI, parar que este unidade administrativa proceda a tramitalos.

  7. interina
    Agosto 30, 2011 a 14:27

    para mais informacion lea este tema na paxina da cig, que ven moi clariño, e unha vergoña,

  8. interina
    Setembro 1, 2011 a 10:22

    sabe quen e a coordinadora da fundacion para o fomento da calidade , a muller de aquel director do pp que foi responsable do antigo concurso eolico , e procesado, que aille que dar de comer aparte, pregunte por ahi a ver que lle contan.

Deixar a resposta

Pechar