Lage: “Feijóo intenta tapar a súa incompetencia responsabilizando aos empregados públicos da crise”

Lage: “Feijóo intenta tapar a súa incompetencia responsabilizando aos empregados públicos da crise”

Lage: “Feijóo intenta tapar a súa incompetencia responsabilizando aos empregados públicos da crise”

O Portavoz da Área Institucional do Grupo dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, pedirá a comparecencia no Parlamento do Conselleiro da Presidencia e Administracción Pública e do Director Xeral da Función Pública para que expliquen os recortes de dereitos que queren aplicar aos empregados públicos da Xunta de Galicia.

Lage Tuñas saiu hoxe “en defensa da dignidade dos empregados públicos” porque entende que a actuación do goberno galego está dirixida a criminalizar aos traballadores da función pública e neste sentido apunta que “o presidente Núñez Feijóo está criminalizando aos funcionarios, mentras a Xunta de Galicia privatiza servizos públicos e deixa sen cubrir a baixa de centos de profesionais”.

”É intolerable que Feijóo queira facer dos empregados públicos o
pim pam pum no que pretenda tapar as súas vergonzas e incapacidades como gobernante”.

“Propoñen facer recortes nos dereitos laborais aosempregados públicos pero manteñen postos de alta dirección con privilexios que non son recortados nin eliminados. Feijóo aplica unha dobre vara de medir na súa
acción política e imola a combatir con datos e transparencia” sinalou o deputado socialista José Manuel Lage.

“Que comece por suprimir a figura dos/as Superdelegados/as Territoriais, que son figuras inservibles só concebidas a maior gloria do conselleiro da Presidencia para o control do PPdeG” explica Lage Tuñas.

O Portavoz da Área Institucional do PSdeG alerta de que “o goberno galego xa non está cubrindo as baixas en moitos servizos públicos, así temos colexios ou centros de saúde onde non se están cubrindo as baixas laborais, o que precariza o servizo público que reciben os cidadáns”.

“Os empregados públicos xa están contribuindo, co seu salario e coa cesión de determinados dereitos no eido das relacións laborais, a compensar os déficits que está a xerar unha crise económica da que eles, como o resto dos traballadores doutros sectores, non son culpables.” explica o deputado socialista.

Lage Tuñas recordou que “os traballadores públicos xa contribuíron e siguen contribuíndo a esta crise coa merma das súas retribucións -concretamente cunha diminución nun 5 por cento do seu salario o ano 2010, coa conxelación para os anos 2011 e 2012 e coa afectación con carácter xeral do gravamen do IRPF” e explica que “na Xunta vaise cara unha importante diminución das plantillas, o que orixinará un significativo incremento das cargas de traballo e
isto afecta á cidadanía en xeral, como xa estamos a ver na merma da calidade dos servizos ao non cubrirse as baixas laborais en determinados centros de traballo”.

O deputado socialista sinala que “as decisións de Feijóo deterioran dende fai tempo a cobertura dos servizos básicos esenciais ao tempo que abren con claridade camiños cara a privatización de servizos públicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar