Lage: “Feijóo deteriora os servizos públicos recortando dereitos laborais aos traballadores mentres mantén privilexios para os altos cargos”

Lage: “Feijóo deteriora os servizos públicos recortando dereitos laborais aos traballadores mentres mantén privilexios para os altos cargos”

Lage: “Feijóo deteriora os servizos públicos recortando dereitos laborais aos traballadores mentres mantén privilexios para os altos cargos”

O Portavoz da Área Institucional do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage sae públicamente a defender aos empregados públicos e anuncia que o grupo socialista vai opoñerse frontalmente ao “recorte dos dereitos dos empregados públicos”. Tamén pide a comparecencia do goberno no Parlamento e explica que “Feijóo desprecia ao parlamento e aplicará o rodillo para non ter que tramitar de forma ordinaria unha reforma que supón un brutal ataque aos dereitos dos empregados públicos”.

Lage Tuñas considera necesario”defender a dignidade dos empregados públicos” porque entende que a actuación do goberno galego está dirixida a criminalizar aos traballadores da función pública e neste sentido apunta que “o presidente Núñez Feijóo está criminalizando aos funcionarios, mentras a Xunta de Galicia privatiza servizos públicos e deixa sen cubrir a baixa de centos de profesionais”.
”É intolerable que Feijóo queira facer dos empregados públicos o pim pam pum no que pretenda tapar as súas vergonzas e incapacidades como gobernante”.
“O proxecto de lei do goberno para os empregados públicos, Feijóo quereo tramitar por lectura e sen ningún tipo de negociación coa oposición, o que amosa o marcado carácter autoritario e déspota deste goberno”.
”É intolerable que Feijóo queira facer dos empregados públicos o pim pam pum no que pretenda tapar as súas vergonzas e incapacidades como gobernante”.
“Que comece por suprimir a figura dos/as Superdelegados/as Territoriais, que son figuras inservibles só concebidas a maior gloria do conselleiro da Presidencia para o control do PpdeG e que supoñen ao longo dunha lexislatura máis de 40 millóns de euros de coste para as arcas autonómicas” explica Lage Tuñas.
“Propoñen facer recortes nos dereitos laborais aos empregados públicos pero manteñen postos de alta dirección con privilexios que non son recortados nin eliminados. Feijóo aplica unha dobre vara de medir na súa acción política e imola a combatir con datos e transparencia” sinalou o deputado socialista José Manuel Lage.
O Portavoz da Área Institucional do PSdeG alerta de que “o goberno galego xa non está cubrindo as baixas en moitos servizos públicos, así temos colexios ou centros de saúde onde non se están cubrindo as baixas laborais, o que precariza o servizo público que reciben os cidadáns”.

“Os empregados públicos xa están contribuindo, co seu salario e coa cesión de determinados dereitos no eido das relacións laborais, a compensar os déficits que está a xerar unha crise económica da que eles, como o resto dos traballadores doutros sectores, non son culpables.” explica o deputado socialista.
Lage Tuñas recordou que “os traballadores públicos xa contribuíron e siguen contribuíndo a esta crise coa merma das súas retribucións -concretamente cunha diminución nun 5 por cento do seu salario o ano 2010, coa conxelación para os anos 2011 e 2012 e coa afectación con carácter xeral do gravamen do IRPF” e explica que “na Xunta vaise cara unha importante diminución das plantillas, o que orixinará un significativo incremento das cargas de traballo e isto afecta á cidadanía en xeral, como xa estamos a ver na merma da calidade dos servizos ao non cubrirse as baixas laborais en determinados centros de traballo”.
O deputado socialista sinala que “as decisións de Feijóo deterioran dende fai tempo a cobertura dos servizos básicos esenciais ao tempo que abren con claridade camiños cara a privatización de servizos públicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar