Lage Tuñas denuncia que Feijóo incumpre o compromiso electoral de dotar a Galicia cunha lei de publicidade institucional

Lage Tuñas denuncia que Feijóo incumpre o compromiso electoral de dotar a Galicia cunha lei de publicidade institucional

Lage Tuñas denuncia que Feijóo incumpre o compromiso electoral de dotar a Galicia cunha lei de publicidade institucional

O portavoz da área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, denunciou hoxe a absoluta falla de transparencia no reparto das axudas aos medios de comunicación por parte da Xunta. As o dixo no debate dunha Pregunta en Comisión Parlamentaria na que reclamou un marco legal regulatorio da Publicidade Institucional en Galicia.

Lage Tuñas advertiu que logo de cumpridos dous terzos da Lexislatura Feijóo incumpre o seu compromiso electoral que regular e dar transparencia a estas axudas. Sinalou que non foron quén de remitir ao Parlamento unha Lei reguladora das axudas e mesmo utilizaron o rodillo parlamentario para rexeitar, en novembro de 2010, unha Proposición de Lei socialista neste sentido.

Nos propoñemos que se regulen as axudas aos medios en base a criterios obxectivos. Feijóo comprometeuse no ano 2009 pero a da de hoxe seguen actuando con discrecionalidade no reparto dos fondos públicos.

Lage Tuñas recordou que Rueda comprometeuse a remitir un proxecto de lei no pasado período de sesións, e unha vez máis incumpren os seus compromisos. Seguen actuando con discrecionalidade no reparto dos fondos públicos.

Dixo que a primeira metade do mandato do Goberno de Feijóo caracterizouse polas prácticas opacas, discrecionais, sen transparencia e sen aplicar criterios de audiencia, difusión e estabilidade laboral dos medios no reparto das axudas públicas. Acusou Xunta de abusar da contratación sen publicidade e da opacidade en contra da igualdade de oportunidades.

Esixiu que se coñezan os criterios obxectivos e o volume de axudas que se poidan repartir nos diferentes ámbitos da comunicación e criticou que actualmente nin os xornalistas nin os operadores económicos dos medios de comunicación coñecen cales son os criterios o que sigue consolidando un sistema perverso.

Medios fortes e democracia

O parlamentario socialista reclamou que a Xunta tea en conta a audiencia e/ou difusión, e factores como a estabilidade laboral, o respecto aos convenios colectivos ou o uso da lingua galega.

Engadiu que entendemos que Galicia necesita un sistema de medios de comunicación forte e profesionais independentes e sen precariedade laboral, o que fortalece a democracia en Galicia.

Lage Tuñas explicou que o momento de romper coa inercia e as prácticas que se arrastran ao longo da historia da nosa autonomía en relación co reparto das axudas aos medios de comunicación. Lamentou que o PP se tea oposto co rodillo sen mais cando nós demandabamos nas nosas propostas que a Xunta remita ao Parlamento un relatorio de contratos e convenios cos medios cada catro meses.

Considerou “desexable e razoable” coñecer os datos sobre os convenios asinados cos medios, as como introducir criterios obxectivos para o reparto dos fondos. Cualificou de “desculpas de mal pagador” que o PP tea rexeitado estas propostas dicindo que había que esperar ás eleccións municipais para falar coa Fegamp.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar