Lage Tuñas denuncia o “decretazo de Feijóo” que deteriora a calidade dos servizos públicos

Lage Tuñas denuncia o “decretazo de Feijóo” que deteriora a calidade dos servizos públicos

Lage Tuñas denuncia o “decretazo de Feijóo” que deteriora a calidade dos servizos públicos

O portavoz de Area Institucional do Grupo Parlamentario Socialista Jose Manuel Lage Tuñas amosou hoxe que o compromiso do PSdeG-PSOE cos empregados públicos, tralos recortes anunciados polo Goberno de Feijóo.

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada e o deputado Jose Manuel Lage Tuñas mantiveron hoxe unha xuntanza cos representantes dos sindicatos dos funcionarios, CIG, UGT CCOO, CSIF, USO, SATSE, SAE, CGT, nas instalacións do Grupo Parlamentario Socialista.

O portavoz de Area Institucional do Grupo Parlamentario Socialista Jose Manuel Lage Tuñas acusou a Núñez Feijoo de aplicar o rodillo parlamentario “amosando a súa faciana mais autoritaria e mais déspota” e afirmou que “o PP está deixando ao parlamento como un elemento decorativo ao impedir o debate e a tramitación ordinaria dun proxecto de lei”.

O deputado asevera que Feijoo “esta demonizando aos empregados públicos” ao tempo que destacou que o presidente da Xunta está “nunha fuxida cara adiante, ao non querer afrontar os graves problemas que ten Galicia”.

Asegura que “Feijóo non ten respostas para Galicia, non sabe como afrontar a situación grave na que nos atopamos e só recurre a demonizar aos empregados públicos tentando tapar a súa incompetencia como gobernante”.

O parlamentario dixo que Alberto Núñez Feijóo “incumpriu tódolos seus compromisos, en materia de funcion pública, que levaba no programa electoral do ano 2009”.Lage denunciou que “o goberno está pisoteando os dereitos laborais dos traballadores públicos, con medidas que suporán un serio deterioro dos servizos públicos ao deixar de cubrir as baixas dos profesionais de servizos sociais ou sanidade”.

Dixo que “mentras a Xunta sigue gastando máis de 11.000 dólares en oficinas en Miami son ningún tipo de actividade, Feijóo decide facer recortes nos servizos públicos, deteriorando a sanidade pública e os servizos sociais”.
Anunciou que maña pedirá no Pleno do Parlamento “a devolución da lei de medidas temporais no emprego publico, que se abra unha negociación e que se renuncie o tramite de lectura única”.

Replica que a Xunta “pode facer axustes”, como por exemplo coa Oficina en Miami que custa mais de 11.000 dólares mensuais, e mentres en Galicia recórtanse servizos públicos. E proseguiu “non se poden manter determinados privilexios de persoal directivo, ou mesmo as Delegacións Territoriais que custan 40 millóns de euros anuais, e mentres non cubrir as baixas na sanidade ou no ensino”.

Lage afirma que “se están pisoteando os dereitos laborais dos traballadores públicos”. Sinala que tanto a sanidade como a educación son “dúas liñas vermellas que dende o PSdeG non imos deixar que se pisen por parte do goberno da dereita”.

O Parlamento unha figura ornamental
E resumiu “maña vamos a pedir no Pleno do Parlamento que se rexeite que se devolva a lei de medidas temporais no emprego publico, e que se abra unha negociación, e que se renuncie o tramite de lectura única”. E acusou a Feijoo de utilizar o Parlamento “como unha figura ornamental”, xa que en vez de un proxecto de lei “parece mais ben un decreto lei”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar