Lage Tuñas aposta por “avanzar no autogoberno para Galicia a través da comisión bilateral Estado-Xunta”

Lage Tuñas aposta por “avanzar no autogoberno para Galicia a través da comisión bilateral Estado-Xunta”

Lage Tuñas aposta por “avanzar no autogoberno para Galicia a través da comisión bilateral Estado-Xunta”

O Portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage explicou, nunha intervención no parlamento de Galicia, que o PSdeG-PSOE apoiará a convocatoria da comisión Bilateral Estado – Xunta co obxecto de conseguir novos traspasos de competencias para Galicia.

O deputado socialista defendeu “aproveitar o marco estatutario vixente para avanzar no autogoberno e conseguir novos traspasos de competencias para Galicia”, e engadiu que “os socialistas galegos non renunciamos a conseguir un novo estatuto que actualice o actual marco legal, simplifique e modernice os órganos estatutarios e mellore o noso marco competencial”.

Engadiu que “non ter novo estatuto non pode ser un obstáculo para acadar traspasos de competencias que teñen encaixe no marco estatutario vixente”.

Lage Tuñas explicou que “a vía que vale para Euskadi tamén vale para Galicia. Nós apoiamos que o goberno galego pase da confrontación permanente ao diálogo institucional no seo da comisión bilateral Galicia – Estado, porque o primeiro é defender os intereses dos galegos e galegas”.

“Nós apoiamos que se intensifique o diálogo institucional e apoiamos a mesma proposta que xa aprobou o Senado para que se reúna a Comisión bilateral Galicia – Estado. O primeiro é Galicia e os intereses das galegas e dos galegos” explicou o deputado do PSdeG na tribuna do parlamento.

Lage Tuñas sinalou a Núñez Feijóo “como un presidente ausente, con escasa capacidade para o diálogo institucional e que é o principal responsable das escasas transferencias recibidas por Galicia nestes dous anos”.

O deputado do PSdeG recordou que “o sr. Feijóo presenta un balance moi pobre nas súas relacións co Estado, xa que se dedicou nestes dous primeiros anos a actuar como un comercial do PP que recorre España defendendo os intereses do seu partido, non os intereses das galegas e galegos, aínda que si utilizando o coche de empresa da Xunta de Galicia”.

Os socialistas galegos non renuncian á reforma estatutaria aínda que recoñecen que a mesma está bloqueada polo “neocentralismo do Partido Popular”

O portavoz da área institucional do PSdeG-PSOE explicou na súa intervención parlamentaria que “o Partido dos Socialistas de Galicia xa fixo os deberes e temos presentado no rexistro do parlamento unha proposta para a reforma do estatuto de autonomía de Galicia”.

Lage Tuñas recordou que “o PSdeG foi a primeira forza política xa en 2003 que puxo por escrito as bases para levar adiante unha reforma estatutaria, pero foi o PP o que se negou sempre e quen bloqueou na pasada lexislatura a coñecida proposta de reforma do estatuto de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar