Lage Tuñas afirma que “as políticas de Feijóo están debilitando os servizos públicos”

Lage Tuñas afirma que “as políticas de Feijóo están debilitando os servizos públicos”

Lage Tuñas afirma que “as políticas de Feijóo están debilitando os servizos públicos”

O parlamentario socialista, José Manuel Lage Tuñas, defendeu hoxe no pleno do Parlamento a derrogación da lei 1/2012 de medidas temporais no emprego público e a apertura dun diálogo entre tódalas forzas para “a reforma da administración, onde se prime a eficiencia,cos axustes necesarios, e a calidade dos servizos”.

Lage Tuñas aposta por “unha administración pública eficiente, onde se fagan as reformas estruturais necesarias para reforzar a calidade dos servizos públicos ao mesmo tempo que se erradican malas prácticas ou ineficiencias evidentes”.

”Feijóo está convertido no ariete daqueles que perseguen debilitar o Estado e poñer en mans do mercado a resolución de tódolos problemas, incidindo nas políticas neoliberais e criminalizando as empregados públicos”, acusou o deputado socialista.

DOBRE MORAL DE FEIJÓO NA APLICACIÓN DE RECORTES

Lage Tuñas criticou a “dobre vara de medir” e a “dobre moral” do presidente da Xunta. Porque anuncia recortes discrecionais e unilaterais dos salarios de traballadores da Administración pública de ata un 33 por cento, que anuncia que non cubrirá o 75 por cento das baixas do persoal sanitario e que non cubrirán alomenos o 10% da xubilacións no ámbito sanitario.

Mentres isto sucede, mentres aforran en Sanidade e Educación manteñen unha oficina do Igape en Miami que custa 11.000 dólares ao mes, ou manteñen un aparcamento particular que custa 600 euros cada mes, recriminou o deputado socilalista ao Goberno popular.

José Manuel Lage tamén acusou ao Goberno Feijóo de entregar a acción exterior do IGAPE á Confederación de Empresarios de Galicia a cambio de 18 millóns de euros, sen que mediase ningún tipo de concurso público.

Referiuse a continuación o portavoz do área Institucional do Grupo Socialista á Cidade da Cultura, para reprochar á Xunta “ a compra de sillas de 333 euros”, que o conselleiro de Educación cualifica de “cadeiras ordinarias” para ese “enxendro”, cualificada por Lage como “símbolo claro do despilfarro, da nula planifiación, da ausencia de criterio, o símbolo dos 16 de anos de fraguismo do PP de Galicia”.

Acusou ao Executivo de Núñez Feijóo seguen mantendo Delegacións Territoriais de novo cuño con persoal de gabinete, asesores e persoal eventual “co único obxectivo de servir aos intereses do Partido Popular de Galicia”, dixo.

Cifrou en 40 millóns de euros o custe nesta lexislatura da creación destas Delegacións dirixidas por Superdelegados e Superdelegadas “que teñen como xestión máis destacada no que vai de lexislatura a asistencia a un partido de fútbol no Santiago Bernabeu cando a provincia de Ourense ardía polos catro costados”, dixo en alusión a un feito protagonizado polo Superdelegado da Provincia de Ourense.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar