Lage Tuñas acusa á Xunta de nomear á vicexerente do Sergas vulnerando a lei

Lage Tuñas acusa á Xunta de nomear á vicexerente do Sergas vulnerando a lei

Lage Tuñas acusa á Xunta de nomear á vicexerente do Sergas vulnerando a lei


O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage interveu na comisión 1ª do Parlamento para denunciar a “ausencia de transparencia” e “a vulneración da lei da función pública e da relación de postos de traballo dos servizos centrais da Consellería de Sanidade” coa “okupación” do posto de Vicexerenta do SERGAS por parte dunha persoa que non cumpre os requisitos para ser nomeada.

O parlamentario socialistas dirixiuse ao Director Xeral da Función Publica, Jose Maria Barreiro e preguntoulle si o posto de Vicexerente, unha praza de categoría de Subdirección Xeral, que tiña que saír a concurso para que tivesen oportunidade de optar os funcionarios da Xunta do Grupo A1. E proseguiu “e o que estamos vendo é que a Xunta elaborou un Decreto, que aínda non veu a luz, cun único obxectivo para darlle cobertura a este tipo de nomeamentos”, insistiu.

Pola súa banda o Director Xeral respondeu a toda intervención do portavoz socialista cun escueto :“non”, esa foi toda a súa comparecencia nesta pregunta.

Lage Tuñas tamén deu a coñecer as respostas da intervención Xeral da Xunta de Galicia nas que nega “coñecer” que centro directivo da Administración Autonómica está pagando a nómina da número dous do Servizo Galego de Saúde.

O deputado do PSdeG revelou hoxe a existencia dun borrador dun Decreto autonómico que contempla a posibilidade de que o goberno galego poida cubrir os postos directivos de subdireccións xerais nos servizos centrais de Sanidade a través de contrato de alta dirección con persoas alleas á función pública.

Lage Tuñas explicou, nas súa intervención, que “esta normativa que foi elaborada polo actual Goberno abre as portas ao incremento da discrecionalidade e a designación política de postos reservados a funcionarios”.

Dixo“este decreto era o salvoconducto que a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas quería utilizar para designar a tódolos Subdirectores/as Xerais do Sergas e evitar que os funcionarios do grupo A puideran optar a esas prazas”, sentemciou.

“Con esta norma pretendía blindar a ocupación da Vicexerencia do Sergas por parte dunha persoa que non cumpre, aínda a día de hoxe, os requisitos para ocupar ese posto que ten categoría de subdirección xeral” explicou Lage.

Os socialistas galegos dan a coñecer un borrador de decreto que elaborou a consellería de Sanidade e a Dirección xeral da Función Pública e que está “hibernado” porque na negociación do Decreto cos sindicatos da función pública “viuse que atentaba contra a Lei da Función Pública e contra a Relación de Postos de Traballo da Consellería de Sanidade e dos servizos centrais do Sergas”

Lage Tuñas sinala que “o Goberno elaborou un decreto que abre a porta ao nomeamento de Subdirectores Xerais en sanidade a través de contratos de alta dirección, con persoas alleas á administración pública, nun claro intento de incrementar o número de nomeamentos partidistas e discrecionais”.

“Con este Decreto –dixo-o que persigue a conselleira Farjas é evitar que os funcionarios do grupo A poidan optar, seguindo a lei da función pública, a un posto de Subdirector/Subdirectora, e buscar a persoas de obediencia partidaria para ocupar postos destinados a funcionarios públicos que só teñen a obriga de cumprir coa legalidade pero non a de gardar fidelidade ao Partido Popular senón aos intereses xerais dos galegos e das galegas”.

Na Disposición Adicional Terceira do Borrador de Decreto que dan a coñecer hoxe dende o Grupo Socialista ábrese a porta ao nomeamento de subdirectores/as xerais a través de contratos de alta dirección, sin que teñan que ser funcionarios.

Lage Tuñas recorda que “ o borrador do decreto di:

Disposición Adicional Terceira
2.-De conformidade co establecido no artigo 121.2 da lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, os postos de subdirector/a xeral terán a consideración de postos directivos e proveransede conformidade co establecido no parágrafo 7 do devandito artigo.

Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
artigo 121.2, párrrafo séptimo di:
7. A designación do persoal directivo será realizada polo órgano competente de conformidade coa lexislación vixente, mediante nomeamento de libre designación, de ser nomeado o persoal funcionario ou estatutario fixo, ou contrato de alta dirección, para o caso de persoal que non acredite a devandita condición.

Dúas directivas do Sergas na picota

“No fondo de todo este asunto está o intento da conselleira de Sanidade de burlar a Lei da Función Pública para situar a determinadas persoas en postos reservados a funcionarios do grupo A, como xa fixo saltándose a legalidade coa ocupación da Vixecerencia do Sergas e da subdirección xeral de desenvolvemento e seguridade asistencial por parte de dúas persoas que non cumpren os requisitos legais para poder ocupar estes postos directivos” relata José Manuel Lage.

O portavoz da área institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage, cree que a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas “tentaba encubrir unha ilegalidade” a través deste decreto “e ao mesmo tempo blindábase para nomear a persoas que non fosen funcionarios como Subdirectores/as do Sergas”.

Lage Tuñas recórdalle á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas que ninguén entra a valorar a profesionalidade das dúas persoas que okupan os dous postos directivos. Asegura que “ninguén dubida da excelente enfermera nin da doutora en farmacia xa que non foron cuestionadas pola súa especialidade. O que se cuestiona é a ausencia de requisitos legais para poder acceder a esas prazas de alta dirección”.
Lage Tuñas dixo que “a señora Farjas está metida nun bo lío e terá que explicar no Parlamento os intereses que a moveron a ocupar dúas prazas de alta dirección no Sergas son que mediase nomeamento oficial e saltándose a legalidade”.

Lage Tuñas lembrou tamén que eses postos non poden ser cubertos por unha “orde de servizo”, e explicou que “a Vicexerencia do Sergas e a Subdirección Xeral só se poden cubrir por concurso, libre designación ou comisión de servizo e non se produzo ningunha destas circunstancias, xa que as persoas en cuestións non reúnen tampouco os requisitos para poder acceder a estes postos directivos, por iso Farjas elaborou un decreto que lle permitira saltar o control da lei da Función Pública e poder nomear discrecionalmente”.

E resumiu “o Presidente Núñez Feijóo faría ben por mirar un pouco máis pola xestión sanitaria”, xa que asegura “está sendo desastrosa a política de función pública neste ámbito, onde non deixan de sucederse os escándalos un mes detrás doutro, e tamén neste cando o escándalo é maiúsculo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar