Lage tacha de "burla" as declaracións do delegado de Ourense e esixirá no Parlamento o seu cese

Lage tacha de "burla" as declaracións do delegado de Ourense e esixirá no Parlamento o seu cese

Lage tacha de "burla" as declaracións do delegado de Ourense e esixirá no Parlamento o seu cese

 
O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, presentou unha PNL para que o parlamento vote a reprobación do delegado Territorial da Xunta en Ourense e o seu cese.

Lage Tuñas dixo que “o Sr. Rueda, conselleiro da Presidencia ten que aclarar si respalda a actuación do Sr. Martínez ausentándose da súa responsabilidade en plena ola de incendios. Non pode permanecer pasivo diante das declaracións do seu Delegado Territorial de Ourense”.

Falta de respecto aos cidadáns

Engadiu que como mínimo imos a esixir da Xunta de Galicia o cese fulminante dunha persoa que non só actúou con irresponsabilidade senón que agora posteriori estase rindo dos cidadáns”.

José Manuel Lage facía deste xeito referencia a unha declaracións públicas de Rogelio Martínez, delegado Territorial da Xunta en Ourense nas que afirmaba “«non ía andar eu coa mangueira», xustificando así a súa ausencia ao traballo en plena ola de incendios na provincia da que él é o delegado Territorial.

Lage Tuñas ve “moi graves” as declaracións do citado delegado e afirma que “o Sr. Martínez está ríndose dos cidadáns e do propio Feijóo cando afirma «non ía andar eu coa mangueira». é unha burla, xa que en vez de pedir desculpas aínda se chotea dos cidadáns”.

“Existe unha absoluta falta de respecto aos veciños e veciñas de toda a provincia de Ourense que tiñan que estar loitando cos seus propios medios diante duns incendios que puxeron en risco medios materias e a vida dunhas cuantas persoas", dixo.

“Hai unha realidade inconstestable, en plena ola de incendios na provincia de Ourense, o delegado territorial da Xunta abandonou as súas responsabilidades para acudir a un partido de fútlbol entre o Real Madrid e o Olympique de Lyon, recordando outras pasaxes recentes da historia política da autonomía galega como cando unha parte do goberno de Galicia acudían a unha xornada de caza ao tempo que o noso país vivía momentos tráxicos coa catástrofe do Prestige", sinalou.

Valorou como “imprescindible” que se asuman responsabilidades políticas diante da tamaño despropósito, e considera necesario que o conselleiro da Presidencia explique si respalda a actuación irresponsable do Delegado Territorial da Xunta en Ourense.”

Supresión das Delegacións Territoriais

“Compróbase unha vez máis que as delegacións territoriais da Xunta son completamente prescindibles como quedou demostrado en Ourense”.

“A estas alturas xa podemos decir que a creación en maio de 2009 de 5 Delegacións Territoriais dependentes da Consellería da Presidencia teñen sido un fiasco absoluto” explicaba hoxe o deputado José Manuel Lage.

O parlamentario do PSdeG considera que “o exemplo de Rogelio Martínez permite visualizar o prescindibles que son os Delegados Territoriais” e engade que “só se entende a creación destos cargos por parte do Sr. Rueda como unha ferramenta ao servizo do PP, pero non dos cidadáns nin dos seus problemas”.

Lage Tuñas recordou tamén que “estas delegacións territoriais teñen un gabinete propio, con persoal eventual, asesores e gabinete de comunicación. Iso sí, non se sabe moi ben que traballo fai o Delegado Territorial, só sabemos que lle gusta o fútbol”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar