Lage propón unha regulación para as retribucións do persoal directivo da Xunta e a supresión do plus de altos cargos

Lage propón unha regulación para as retribucións do persoal directivo da Xunta e a supresión do plus de altos cargos

Lage propón unha regulación para as retribucións do persoal directivo da Xunta e a supresión do plus de altos cargos

O portavoz da área de Administración Pública do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, ven de esixir a Núñez Feijóo “que deixe de criminalizar aos traballadores da Administración Pública galega e que aprobe a nosa proposta para regular as retribucións salariais e eliminar o plus dos altos cargos modificando a Lei da Función Pública Galega. O presidente da Xunta está “sen proxecto para Galicia e carece dunha idea do que ten que ser o noso país”, afirmou, para a continuación esixirlle que “deixe de golpear no lombo dos servidores públicos, que, en todo caso non son os responsables da crise económica, nin sonos que teñen cometido os excesos, xa está ben de petar sempre na mesma porta”.

Con esta contundencia se expresou o deputado socialista na presentación en rolda de prensa da Proposición non lei para impulsar unha nova regulación salarial no ámbito da Xunta de Galicia e do conxunto da Administración institucional galega no referido aos altos cargos e persoal de libre designación.

Na súa iniciativa, Lage Tuñas, afirma que a LOFAXGA introduce novamente discrecionalidade partidaria e frea a anterior normativa que buscaba “unha maior profesionalización da función pública no ámbito directivo”. Salienta ademais que na lei en vigor “déixase unha nebulosa a contratación do persoal directivo e a súa remuneración como altos cargos” da Administración galega.

Consideran os socialistas que “a regulación transparente das retribucións debe poñer fin a complementos a posteriori” como o plus de altos cargos, pensado para favorecer a aqueles que, sendo funcionarios, tiveran ocupado durante un tempo determinado un alto cargo na Administración Autonómica.

A retirada deste tipo de privilexios, xunto con outros en especie como a disposición de vehículo e chofer, “é unha demanda social que debe ser atendida ao tempo que se obxectivan e reforzan as retribucións de alta dirección da Xunta”.

É preciso impulsar unha regulación transparente dos criterios para fixar as retribucións salariais dos altos cargos, indica Lage, incluíndo nesta definición ao conxunto das entidades do sector público galego.

A iniciativa rexistrada por Lage Tuñas insta ao Goberno galego a remitir, nun prazo de tres meses, ao Parlamento unha normativa legal que regule as retribucións dos altos cargos contemplando, entre outras premisas, que a retribución máxima dun alto cargo non será superior a do Presidente da Xunta de Galicia.

Engade a proposición non de lei que o seguinte nivel retributivo o deben formar os conselleiros e conselleiras do Goberno e sen que ningún outro alto cargo poida superar as retribucións dos mesmos.

Lembra o deputado socialista neste sentido que “non parece moi lóxico que haxa persoal directivo que gañe máis ca o Presidente ou o Goberno”, aínda que sexa só apelando a criterios de responsabilidade.

A iniciativa esixe tamén a modificación da Lei de Función Pública de Galicia procedendo á eliminación do denominado plus de altos cargos ao determinarse unha regulación salarial para tódolos altos cargos da Administración pública galega.

En relación a esta nova regulación, os socialistas propoñen a retribución da administración institucional a través dunha táboa salarial incluída tódolos anos no Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta , que rexerá tamén para o persoal eventual contratado como asesores.

A este persoal, altos cargos e asesores, corresponderíalles unha indemnización dun mínimo de tres meses e un máximo de dous anos, en función do tempo transcorrido desde que ocupara o cargo do que son cesados. Evitarase así a blindaxe esaxerada a que someten algúns contratos de altos cargos en virtude dunha perda de contacto co seu traballo fora da administración.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar