Lage presenta unha proposta para modificar a actual estrutura organizativa da Xunta que podería supoñer ata un aforro de 50 millóns

Lage presenta unha proposta para modificar a actual estrutura organizativa da Xunta que podería supoñer ata un aforro de 50 millóns

Lage presenta unha proposta para modificar a actual estrutura organizativa da Xunta que podería supoñer ata un aforro de 50 millóns

  O portavoz da Area Institucional do Grupo Socialista Jose Manuel Lage Tuñas presentou hoxe en rolda de prensa unha proposición non de lei para reclamar ao Goberno galego que modifique a estructura organizativa da Xunta para facela máis racional, máis operativa e máis eficiente.

“Os socialistas facemos unha proposta construtiva para que a actual estrutura da Xunta de Galicia sexa modificada co obxecto de acadar unha maior eficiencia na administración dos recursos públicos, podendo chegar a aforrar cincoenta millóns de euros no caso de levar á práctica a proposta que vimos de presentar” explica Lage Tuñas.

O deputado do PSdeG afirma que “na actualidade existen centros directivos claramente prescindibles, moito máis aínda na situación actual de crise económica, e é aí onde se deben practicar os recortes, no gasto corrente improductivo”.

Mini-deputacións

O deputado socialista reclamou “celeridade” ao Goberno de Feijoo para sacar adiante esta reforma “para dar carpetazo a un mal invento como son as delegacions territoriais, xa que o único que pretender facer destes organismo é ser unha mini-deputacion para repetir o modelo clientelar das administración onde goberna o PP”, como por exemplo as deputacións de Ourense e Pontevedra.

Nesta liña os socialistas defenden a supresión das 5 Delegacións Territoriais da Xunta. Lage dixo que estas Delegacións operan dentro da administración autonómica como se foran “mini-deputacions” e están supoñen mais de 3 millóns de euros improdutivo. Asegura que son organismos prescindibles e que non aportan nada á mellora dos servicios que se lles presta aos galegos na estrutura periférica da Xunta, xa que está funciona razoablemente ben baixo a coordenacióndos/as xefes/as territoriais (antigos delegados/as provinviciais) de cada consellería da Xunta.

O parlamentario socialista advirte que os Superdelegados foron nomeados por Feijoo como comisarios políticos para controlar a asignación de convenios e subvencións no ámbeto local e como “unha extensión do PP dentro da Xunta, seguindo o modelo clientelar co que opera xa dende fai tempo o PP nas Deputacións de Pontevedra e Ourense”.

Lage Tuñas recorda que estas estructuras conta dende a súa creación cun potente gabinete de apoio, dotado con persoal eventual e asesores ao servizo dos novos/as delegados/as territoriais.

“A creación das figuras dos delegados e delegadas territoriais non ten suposto ata a data ningunha mellora na administracción dos asuntos ordinarios das galegas e dos galegos, e á vista da súa nula repercusión supón un claro despilfarro, dado que se ten demostrado que son postos absolutamente prescindibles. “

“A súa presencia é irrelevante no funcionamento da administracción pública galega, polo que é razoable a supresión inmediata da citada estructura o que permitirá aforrar máis de tres millóns de euros ao ano á Xunta de Galicia.”

Proposta constructiva

Afirma que na actualidade hai centros directivos da Xunta que son prescindibles. Dixo que a folla política de Feijóo caracterizase “pola ausencia de ideas, só hai que ver como se aproban máis informes nos consellos da Xunta que acordos ou proxectos lexislativos”.

Na súa iniciativa Lage Tuñas propón tamén que se fusionen as catro empresas Xestures, nunha única Xestur, e integrar no Igape os recursos, persoal e patrimonio de BIC Galicia e das sociedades Xesgalicia, Sodiga e Inesga procedendo a súa disolución.

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista reclama que se racionalice o volume de cargos directivos e do persoal de libre designación do IGAPE así como racionalizar a estrutura directiva da Presidencia da Xunta evitando duplicidades.

Denunciou que o IGAPE ten 42 directivos e persoal de libre designación para unha plantilla de 91 empregados, co que ve necesario “racionalizar o gasto en persoal directivo neste organismo público”.

Lage pretende con esta proposta evitar o deterioro dos servizos públicos da nosa Comunidade e facer unha proposta constructiva para que o goberno recorte gasto improductivo e non o faga en sanidade ou educación como xa fixo no exercicio 2011

Fundacións Comarcais seguen sin disolverse

O deputado do PSdeG fixo alusión “á publicidade engañosa á que nos ten acostumados o sr. Feijóo pregonando racionalización ou austeridade” e puxo como exemplo do engano a situación das Fundacións Comarcais creadas baixo os gobernos do Partido Popular.

“Como pode observarse dous anos e medio despois da súa toma de posesión e de reiterados anuncios, aínda non foi quen de disolver as trinta e catro (34) fundacións comarcais a pesares de que o anuncia cada tres meses.”

Lage considera “intolerablecomprobar que o goberno galego en dous anos e medio aínda non acometeu a disolución da totalidade das fundacións comarcais pero si foron dilixentes para practicar recortes e diminuir os fondos públicos no ámbeto da educación, da investigación, da sanidade, da cultura ou dos servizos sociais.”

Goberno ausente

O parlamentario criticou con dureza as previsións estivais da Xunta e afirmou que “Galicia leva un mes sen Goberno mentras no Estado o goberno reuniu tres veces ao consello de Ministros para tomar medidas fronte á crise e as Cortes tiveron actividades tanto en xullo como en agosto”.

Lage dixo que “nun contexto de crise económica como o actual é difícil entender que non houbese reunións do Consello da Xunta durante un mes. O Goberno Galego esta desaparecido e Feijóo esta “missing”, parece a Bella Durmiente, parece que está esperando a que veña Mariano Rajoy e o esperte o vindeiro 3 de setembro”

Dixo que esta actitude pon de manifesto “a escaseza de ideas e de proxectos lexislativos do Goberno de Feijoo”. E resumiu “Feijoo non ten ideas para Galicia e ten a cabeza noutro sitio”, espetou. Dixo que “os Conselleiros teñen que adicarse a algo mais que asistir a festa da da tortilla ou da ostra, a Xunta ten que ser algo mais que unha Comisión de Festas”, espetou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar