Lage pide ao Consello de Contas unha fiscalización exhaustiva sobre a dimensión da administración paralela da Xunta

Lage pide ao Consello de Contas unha fiscalización exhaustiva sobre a dimensión da administración paralela da Xunta

Lage pide ao Consello de Contas unha fiscalización exhaustiva sobre a dimensión da administración paralela da Xunta

O parlamentario socialista, portavoz da Área Institucional, José Manuel Lage Tuñas, ven de pedir ao Conselleiro Maior do Consello de Contas “unha fiscalización exhaustiva da administración paralela” da Xunta de Galicia.

Trátase dunha das propostas que trasladou en nome do Grupo Socialista ao responsable do órgano fiscalizador durante o debate do Plan de Traballo na Comisión de Relacións co Consello de Contas.

Lage Tuñas argumenta esta petición na realidade socioecómica e o debate público existente sobre a “o nivel de administración que debemos ter”. Para o deputado socialista cabe unha fiscalización sobre “cales son os organismos prescindibles ou os que non corresponden aos obxectivos polos que foron creados”.

Considera necesaria a fiscalización da contratación de asistencias técnicas por parte da Xunta. Para Lage Tuñas o Goberno “abusa deste tipo de contratacións” a pesares de que “hai unha parte importante dos traballos que poderían facerse por parte dos propios empregados públicos aos que Feijóo está demonizando e responsabilizando da crise económica”.

O deputado socialista tamén propuxo a inclusión do Plan de Traballo do Consello a vixilancia dos procedementos sen publicidade da Xunta de Galicia, que “deben ser fiscalizados de xeito especial pola súa incidencia en aspectos relevantes como a transparencia e a igualdade de oportunidades para provedores e pequenas e medianas empresas.”

Lage Tuñas felicitouse “polo feito de que o consello de contas recolla unha das nosas peticións”, como é a fiscalización dos fondos da Xunta para a promoción do emprego” e engadiu que “é preciso coñecer que sucede cos fondos que se dedican ao principal problema que ten a sociedade, e como foron administrados”.

Sergas
O portavoz da área Institucional do Grupo Socialista denunciou que “estase poñendo en cuestión o sistema público de Saúde ao dubidar da súa viabilidade e cómpre facer unha axeitada fiscalización sobre os déficits de xestión ou de financiación”.

Neste sentido propuxo ao Consello de Contas que, aproveitando a área específica e a inclusión que fai no plan de traballo, “vemos necesario que se avalíen os criterios de contratación que se están seguindo dende os centros hospitalarios, xa que se poderán apreciar a ausencia de criterios homoxéneos e ver como iso afecta á xestión dispar dos recursos económicos”.

Fiscalizar os organismos dependentes das Deputacións
No capítulo de entidades locais, Lage Tuñas entende “que se deberan fiscalizar os organismos dependentes das Deputacións creados a modo de administración paralela”. Insistiu o deputado socialista en que “é imprescindible unha fiscalización real dos entes e organismos creados polas Deputacións”.
Alertou da necesidade de “evitar que haxa fugas no control dos fondos públicos que nutren os institutos e sociedades” creadas polos entes provinciais “estamos a falar de organismos que se dedican a fins que pouco teñen que ver co ámbito local, criar cabalos non parece que sexa o fin dunha deputación”, puxo como exemplo.

A Xunta incumpre as recomendacións do Consello de Contas

Os socialistas tamén denunciaron que a Xunta sigue incumprindo o 60% das recomendacións feitas polo consello de Contas e debería chamarse a atención sobre esta eiva. “De nada vale que o consello recomende si o goberno despois fai oídos xordos”, dixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar