Lage esixe á Xunta que constrúa a escola infantil de Noia para a que recibiu fondos do estado en 2009 e 2010

Lage esixe á Xunta que constrúa a escola infantil de Noia para a que recibiu fondos do estado en 2009 e 2010

Lage esixe á Xunta que constrúa a escola infantil de Noia para a que recibiu fondos do estado en 2009 e 2010

O parlamentario socialista José Manuel Lage presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación na que esixiu á Xunta que constrúa a escola infantil de Noia para a que o Estado transferiu 5,3 millóns de euros en base a un convenio asinado co Goberno galego en 2008. Esta cantidade estaba destinada á construcción de 15 escolas infantís en Galicia, entre as que se atopa a do concello de Noia.

”O goberno practica o escapismo de forma permanente e négase a decirnos si ten pensado construir unha escola infantil en Noia, que é unha demanda de moitas familias e un equipamento social necesario” explicaba José Manuel Lage despois da intervención na comisión 5ª do parlamento.

“Levan dous anos gobernando Galicia e cóñecense máis as accións do goberno de Feijóo polo que desfixeron que polo que crearon. A escola infantil de Noia é un bo exemplo, xa que borraron dun plumazo un equipamento que tiña orzamento e ubicación, así como proxecto constructivo. Desfixeron pero en 2 anos non resolveron o problema” explicou Lage Tuñas.

O parlamentario socialista esixiu á Xunta que cumpra co convenio asinado e publicado no BOE o 18 de marzo de 2009 polo que o Estado facía esta transferencia de fondos para unha escola infantil pública en Noia con 72 prazas e que daría cobertura ao 22 por cento dos 400 rapaces de 0 a 3 anos.

José Manuel Lage lembrou que esta localidade é “un dos poucos concellos galegos de máis de 15.000 habitantes que non conta cunha escola infantil e o Sr.Feijóo en 2 anos non fixo absolutamente nada, máis ben desfixo ”.

O deputado socialista sinalou que Feijóo dispoñía, na súa chegada á Xunta, dun proxecto para a edificación da citada Escola Infantil. Sinalou que foi a chegada de Feijóo e do PP á Xunta o que “botou por terra o proxecto, desentendéndose del e optando polo silencio diante dun equipamento fundamental para a localidade”.

Lage Tuñas dixo que “concello fixo os deberes no seu día poñendo a disposición da Xunta os terreos necesarios para comezar a construción, concretamente no lugar dos Carballidos – Carracido no lugar de A Barquiña.

“Foi a Xunta a que decidiu expropiar os terreos e deixar a Noia sin escola infantil” explicou José Manuel Lage ao mesmo tempo que denunciaba “o silencio vergonzante do PP de Noia, que non abriu a boca neste asunto”.

Pídelle á Xunta unha rectificación

Dixo que “non podemos consentir que se prive aos noieses e noiesas dunha Escola Infantil” e reclamou ao goberno galego “que rectifique a súa postura” para situar esta infraestrutura na súa axenda de prioridades. Sinalou que o feito de que o devandito convenio fora asinado durante a pasada lexislatura baixo un goberno socialista “non permite que a Xunta o incumpra”.

Considera “unha prioridade” a creación de mais prazas escolares públicas no primeiro ciclo de educación infantil, especialmente “tendo en conta que Noia é un Concello cabeceira de comarca e de gran dinamismo económico cunha importante poboación en idade fértil, e segue sendo un concello que absorbe poboación da localidades limítrofes”, o que fai “imprescindibles” equipamentos para a conciliación da vida familiar e laboral.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar