Lage destapa a situación anómala do Consello de Contas

Lage destapa a situación anómala do Consello de Contas

Lage destapa a situación anómala do Consello de Contas

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, José Manuel Lage, destapou hoxe a situación anómala na que vive o persoal funcionario do Consello de Contas que se ocupa da fiscalización e auditoría das administracións públicas galegas, xa que a inmensa maioría do persoal do Consello foi seleccionado por un sistema de libre designación.

Persoal de libre designación

“É unha situación irregular a todas luces xa que non é racional que o órgano encargado de auditar a toda a administración teña ao seu persoal nunha situación de certa “precariedade”.

O órgano fiscalizador da administración pública galega, dixo Lage Tuñas, ten ao persoal sen un estatuto propio, e sinalou que os propios traballadores demandan unha solución xa que son conscientes da situación anómala do Consello de Contas.

Lage Tuñas considerou hoxe “un escándalo” que o Consello de Contas realice o seu traballo de fiscalización dos entes públicos a través de persoal de libre designación. Dixo que “non é moi razoable que o persoal que ten que fiscalizar e facer o traballo técnico poida ser substituído pola vía da confianza designando a outra persoa”.

Amosou a “disposición do Grupo Socialista a colaborar e contribuír a axudarlle a resolver ao Consello de Contas” esa situación que afecta á maior parte do persoal do ente para que pase a ser persoal funcionario con estatuto propio.

Lembrou que “os socialistas galegos mantivemos un encontro cos representantes deste organismo fai agora un ano, en novembro de 2010 e a continuación no mes de marzo de 2011 presentamos unha iniciativa parlamentaria para regularizar a súa situación, tal e como demandan os propios traballadores do ente fiscalizador”.

Feijóo aínda non pediu informe do Consello de Contas sobre o financiamento público – privado

José Manuel Lage constatou hoxe que o goberno galego aínda non lle fixo o encargo ao Consello de Contas sobre o control do modelo de financiamento público – privado aplicado pola Xunta. Así o dixo o conselleiro maior na comparecencia na Comisión de Orzamentos para presentar os orzamentos do ente para o próximo ano.

O Conselleiro Maior do Consello de Contas, Luciano Fariña confirmoulle ao parlamentario socialista que o executivo que dirixe Núñez Feijóo “non se dirixiu ao Consello de Contas para solicitar o mencionado informe sobre a mellora do control na financiamento público privada nos equipamentos e infraestruturas públicas aplicado pola Xunta de Galicia”.

“É sorprendente que por unha banda o Presidente da Xunta e a conselleira de Facenda anuncien unha petición dun informe ao Consello de Contas, e este organismo constate que non se recibiu ningunha petición” explicaba hoxe o deputado socialista José Manuel Lage.

O parlamentario socialista reclamou que analice este modelo de financiamento, así como fórmulas para mellorar o seu control, xa que supón “unha hipoteca que terán que pagar os galegos e galegas si se abusa dela”. Lembrou que a mesma Xunta está a pedir este informe “dende hai moito tempo” e preguntou “si conta con persoal suficiente para a súa elaboración”, logo da diminución do 6 por cento no capitulo de persoal do ente fiscalizador.

Coches oficiais do Consello de Contas

Lage Tuñas ao fío dos orzamentos do Consello de Contas para o ano 2012 tamén preguntou ao máximo responsable do ente si ten previsto reducir os coches oficiais deste organismo, que hoxe conta con un vehículo e chófer para cada un dos cinco conselleiros.

O deputado do PSdeG Lembrou que “tódolos organismos teñen que facer axustes cando é posible facelos” e dixo que “neste caso é posible facelos no Consello de Contas e noutros organismos porque así llelo demandamos ao conxunto da administración autonómica con propostas que son coñecidas publicamente”.

“Entendo eu que o Consello de Contas non estará ao marxe do que demanda a sociedade no comportamento e nos axustes dos altos cargos da administración pública galega”, manifestou hoxe José Manuel Lage.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar