Lage denuncia que o Goberno galego nomea a 17 cargos de libre designación política para os tribunais de catro oposicións da Xunta

Lage denuncia que o Goberno galego nomea a 17 cargos de libre designación política para os tribunais de catro oposicións da Xunta

Lage denuncia que o Goberno galego nomea a 17 cargos de libre designación política para os tribunais de catro oposicións da Xunta


O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista e portavoz da Área Institucional, José Manuel Lage Tuñas interpelará ao goberno galego despois de denunciar “unha nova fase de despropósitos no ámbeto da función pública” que considera “é un dos buratos negros da lexislatura actual.

Lage Tuñas denunciou hoxe que “o goberno galego vén de nomear a 17 cargos de libre designación, dependentes do propio goberno, como membros dos tribunais de catro oposicións para optar a un emprego na Xunta de Galicia”.

Dixo que “o goberno galego designa os tribunais de oposicións con persoal nomeado a dedo, que ocupan postos relevantes na estructura gubernamental e que dependen de criterios de confianza política” explica o deputado socialista.
E proseguiu coa súa argumentación “non é a mellor garantía de imparcialidade e de que non se reproduzan os escándalos de filtracións ou tratos de favor.”

Os socialistas galegos expoñen que os nomeamentos de tribunais titulares e suplentes para catro procesos selectivos publicados no DOG de 23/11/2011 e 18/11/2011, deixan ver como “subdirectores xerais, xefes de servizo, secretarios de altos cargos e mesmo vicesecretarios xerais, ocupan os tribunais que xulgarán as probas selectivas de miles de persoas que están inscritas nestas probas.”

Feijóo sigue o modelo Louzán-Baltar

O deputado socialista José Manuel Lage denuncia que “o presidente da Xunta é o máximo responsable de consentir este tipo de prácticas. Feijóo está importando o modelo de oposicións de Louzán e Baltar nas Deputacións Provinciais de Pontevedra e Ourense”.

José Manuel Lage asegura que “nalgún caso o tribunal nomeado polo goberno semella un órgano máis dunha consellería concreta, como é o caso do tribunal do grupo A1-Escala de enxeñeiros de camiños, que está maioritariamente ocupado por persoal de libre designación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI).”

Anunciou que interpelará ao goberno no parlamento “diante dunha nova fase de deterioro da función pública galega”

O deputado do PSdeG recorda que “xa vimos como nas oposicións do Sergas houbo tribunais presididos por persoas que teñen relación laboral cos opositores que obtiveron as mellores puntuacións nas probas ás que se presentaron, e agora vemos que o goberno situa cargos de libre designación nos tribunais de forma maioritaria.”

Lage Tuñas defende que “se cambie o sistema de nomeamento dos tribunais das oposicións, optando por blindar a independencia dos tribunais” e manifestou “un absoluto desacordo co actual criterio de designación política dos tribunais de oposicións que van avaliar o acceso ao emprego público ou a promoción interna cunha independencia cando menos cuestionable, ao estaren nomeados a dedo pola Administración.”

O PSdeG-PSOE seguirá demandando “unha reforma do sistema de designación dos membros de tribunais que asegure o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso á Función Pública, despolitizando a composición dos tribunais e incorporando mecanismos de control e seguridade para os opositores”.

Saúdos. Comunicación PSdeG-PSOE

TRIBUNAL CORPO SUPERIOR A1

Escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos

(DOG de 23/11/2011):

- O subdirector xeral de Planificación e Programación (CMATI)
- A xefa do Servizo de Apoio Técnico (CMATI)
- O subdirector xeral de Ordenación do Transporte (CMATI)
- O xefe do Servizo Territorial da Oficina de Augas de Galicia de Lugo (CMATI)
- O subdirector xeral de Estradas (CMATI)
- O vicesecretario xeral da CMATI
-O xefe do Servizo Territorial da Oficina de Augas de Galicia de Ourense (CMATI)

TRIBUNAL CORPO FACULTATIVO DE GRAO MEDIO A2

Escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas (DOG de 23/11/2011):

- O subdirector xeral de Programación e Proxectos (CMATI)
- A xefa do Servizo de Xestión Orzamentaria (CMATI)
- O xefe do Servizo de Persoal e Réxime Interior de Augas de Galicia (CMATI)
TRIBUNA CORPO SUPERIOR A1

(DOG de 23/11/2011):

- O subdirector xeral de Centros da Consellería de Educación e O.U.
- O subdirector xeral de Gardacostas da Consellería do Mar
- A xefa do Servizo de Cooperación Xurídica e Pacto Local da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza.

TRIBUNAL CORPO AUXILIAR C2

(DOG de 18/11/2011)

- Secretaria do Director da EGAP

- Xefe de Servizo de Persoal na Área de Benestar (C. de Traballo e Benestar)

- Xefe do Servizo de Programación e Ordenación de Persoal (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda)

- Xefe do Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas (C. de Presidencia, AAPP e Xustiza)

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

Deixar a resposta

Pechar