Lage critica que o Goberno de Feijóo carece de folla de ruta nas relacións institucionais

Lage critica que o Goberno de Feijóo carece de folla de ruta nas relacións institucionais

Lage critica que o Goberno de Feijóo carece de folla de ruta nas relacións institucionais

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, criticou que a Xunta carece de “folla de ruta” nas relacións institucionais e reclamou consenso para a defensa dos intereses de Galicia no exterior. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Relacións Exteriores no Parlamento sobre as viaxes institucionais da Xunta.

O responsable socialista observou unha “ausencia absoluta de estratexia e obxectivos definidos no ámbito das relacións institucionais”. Dixo que “son tan sectarios que chegan ao punto de ser sectarios nas relacións institucionais” cando “o importante é que pactemos unha posición común para defender os nosos intereses, divulgar a nosa cultura e estar mellor situados no contexto mundial”.

Criticou que mentres na pasada lexislatura o presidente e os conselleiros daban conta de cada viaxe no Pleno do Parlamento, hoxe “mandan a un director xeral para contar as idas e vidas dos membros do goberno”. Dixo que a Xunta demostra que “carece de liña argumental institucional” e resulta “incapaz á hora de definir a súa política, estratexia ou obxectivos en materia de relacións exteriores e viaxes institucionais”.

Dixo que o director xeral “limítase a relatar o número de viaxes que fixeron algúns membros do goberno galego neste período de sesións, evitando explicar os obxectivos do goberno no eido das relacións institucionais”. Advertiu que “limítase a exercer como encargado dunha axencia de viaxes explicando as idas e vidas dos conselleiros” na asistencia a diversos foros públicos”.

Lage Tuñas concluíu que “non hai estratexia en materia de política institucional, nin cooperación nin política exterior, e carece dunha liña clara de actuación no eido da UE, onde se definirán novas políticas pesqueiras e agrícolas relevantes para os intereses galegos”. Criticou que “tampouco fixa prioridades no plano da internacionalización de empresas, a divulgación cultural ou a promoción turística no exterior”.

Acordo parlamentario

Lage Tuñas lembrou que a comparecencia responde a un acordo parlamentario precisamente por iniciativa do PSdeG-PSOE para expoñer as viaxes institucionais e evitar o seu uso partidario por parte da Xunta, asinado o 23 de xuño de 2010. Sinalou tamén que a Xunta evitou hoxe dar conta dos obxectivos, xestións e resultados ou expectativas destas viaxes, xa que presentou un “relatorio” sen mais explicación dos mesmos.

Criticou que o presidente da Xunta “escorre o vulto ao non comparecer no Pleno do Parlamento, relegando a importancia das viaxes institucionais. Advertiu que mentres o presidente da Xunta delega no director xeral esta comparecencia “sitúa nun nivel determinado a importancia destas viaxes” e evidencia a “ausencia de compromisos estratéxicos”.

Viaxe a Brasil

Lage Tuñas criticou que a Xunta segue sen explicar o resultado da viaxe do presidente da Xunta a Brasil no pasado mes de febreiro, na que “non delegou a presidencia en ningún membro do goberno galego” a pesares de permanecer sete días fora de Galicia, incumprindo os preceptos legais. Advertiu que Feijóo “pasa 1 de cada 3 días fora de Galicia en misións de partido porque a súa prioridade é facer carreira en Madrid”.

Lembrou que durante a pasada lexislatura co goberno de coalición entre socialistas e BNG ou mesmo nos anteriores gobernos de Manuel Fraga “sabiamos das viaxes institucionais coas que estabamos de acordo ou en desacordo”. Sinalou que cando o presidente Touriño reuníase co presidente Lula en Brasil “sabiamos os obxectivos do goberno galego nesas viaxes, pero agora só sabemos que os conselleiros e directores xerais participan en moitas mesas redondas”.

Lembrou que durante a pasada lexislatura o presidente da Xunta “comparecía no Pleno do Parlamento e daba conta dos obxectivos cando facía unha viaxe institucional”, algo que finalizou coa chegada de Feijóo á Xunta, xa que agora “manda a un director xeral a informar en Comisión parlamentaria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar