Lage denuncia que a Xunta ocultou durante 16 meses os gastos de centos de coches oficiais

Lage denuncia que a Xunta ocultou durante 16 meses os gastos de centos de coches oficiais

Lage denuncia que a Xunta ocultou durante 16 meses os gastos de centos de coches oficiais

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas destapou o intento do goberno galego de silenciar os gastos de centos de coches oficiais da Xunta de Galicia.

O deputado socialista incluíu quince preguntas sobre os gastos dos coches oficiais da Xunta na sesión da comisión 1ª do Parlamento por non ter sido respondidas por escrito como é a obriga do goberno. As iniciativas foran rexistradas en 2010 e aínda non foran respondidas no mes de setembro de 2011.

Lage Tuñas denunciou que “o PP ocultou durante dezaseis meses os gastos de centos de coches oficiais da Xunta de Galicia” e puxo de manifesto “a existencia dunha clara actitude obstrucionista”.

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage denunciou “que o goberno nega dende fai máis dun ano a información que os deputados estamos solicitando” ao tempo que remarcou “a falta de respecto que ten o executivo cara o parlamento de Galicia”.

Lage explicou que “o goberno galego oculta deliberadamente os gastos de centos de altos cargos e persoal de libre designación” e recordou que “Feijóo limitouse só a facer unha operación cosmética, un lifting, cambiando a marca dos coches, pero cabe recordar que en Galicia sigue habendo tantos coches oficiais como no conxunto do Benelux (Holanda, Bélxica e Luxemburgo)”.

“Hai que tomar medidas edificantes e cambiar a cultura política deste País e reducir os coches oficiais á mínima expresión” expresou José Manuel Lage na reunión da comisión 1ª do Parlamento e nese sentido defendeu “decisións audaces e comprometidas”.

O deputado socialista tamén recordou a “sucia campaña levada a cabo polo Partido Popular en 2009, onde despois de ter gañadas as eleccións dedicáronse a airear os gastos pneumáticos, peaxes, lavado de coche e de carburante do vehículo oficial do que dispoñía o Presidente Touriño.” E engadiu que “agora os mesmos que utilizaron torticeramente os gastos do vehículo do presidente da Xunta moléstanse por ter que dar contas dos gastos do actual goberno”.

Reto a Alfonso Rueda

O deputado socialista retou ao conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda a “aceptar a proposta socialista para limitar o coche oficial ao presidente da Xunta e aos conselleiros/as, e eliminar o resto dos coches oficiais e de servizo que a Xunta ten asignado a centos de altos cargos e persoal de libre designación”.

Lage Tuñas entende que “é imprescindible levar adiante a redución dun 80% dos vehículos oficiais e de servizo dos que dispoñen os altos cargos da Xunta”.

O portavoz da área institucional do Grupo Socialista defendeu “a eliminación dos privilexios dos cargos de libre designación da Xunta” e considerou “fundamental poñer punto e final a existencia de centos de coches oficiais e de servizo na Xunta mentres o Sr. Feijóo fai duros recortes da educación e na sanidade”.

Lage Tuñas considera que “esta medida debería tomarse na Xunta e tamén debería de ampliarse ao resto de institucións estatutarias e ao conxunto da administración paralela” da Xunta de Galicia.

Engadiu que “O PP está facendo recortes no profesorado do ensino público, no persoal dos centros hospitalarios, pois mellor sería que comezaran por apoiar a nosa proposta para reducir nun 80% os centos de coches oficiais e de servizo que utiliza o persoal de confianza do goberno galego e os altos cargos da Xunta”.

Os socialistas galegos recordan que o parque móbil da Xunta de Galicia contaba a comezo do ano 2009 con 2.248 vehículos segundo se desprende de diferentes informacións da propia Xunta de Galicia.

José Manuel Lage recorda tamén que nos dous primeiros anos de goberno, Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta de Galicia “gastou máis de 10 millóns de euros na adquisición de vehículos para o parque móbil da Xunta de Galicia a pesares de presumir de austeridade e facer publicidade enganosa de xeito permanente ao redor deste asunto.”

”Sabemos que a cantidade de recursos económicos que se vai aforrar non resolve as dificultades económicas que pode atravesar o País pero si é un claro sinal de ter entendido o cambio necesario e urxente que demanda a sociedade, a mesma á que se lle pide sacrificios.”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar