Lage denuncia que a Xunta de Galicia incumpre o 60 por cento das recomendacións feitas polo Consello de Contas

Lage denuncia que a Xunta de Galicia incumpre o 60 por cento das recomendacións feitas polo Consello de Contas

Lage denuncia que a Xunta de Galicia incumpre o 60 por cento das recomendacións feitas polo Consello de Contas

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, defendeu hoxe na Comisión do Consello de Contas 10 recomendacións presentadas polos socialistas para os traballos do organismo de fiscalización da Comunidade Autónoma de Galicia. Na súa intervención, advertiu que a Xunta incumpre 6 de cada 10 recomendacións enviadas polo órgano.

Lage Tuñas defendeu estas propostas para mellorar o funcionamento da administración pública galega e fixo fincapé na “importante tarefa” que ten o Consello de Contas. Denunciou que o goberno que preside Núñez Feijóo “está incumprindo o 60 por cento das recomendacións feitas polo Consello de Contas”.

Na súa intervención, defendeu a fiscalización dos procedementos negociados sen publicidade na Xunta de Galicia e atopouse coa negativa do PP a que o Consello de Contas fiscalice este tipo de contratos.

Dixo que “os procedementos sen publicidade da Xunta de Galicia deben ser fiscalizados de xeito especial pola súa especial incidencia en aspectos relevantes como a transparencia e a igualdade de oportunidades para provedores e pequenas e medianas empresas”.

Engadiu que “o Consello de Contas pode facer aí un bo traballo que mellore tamén os resultados da administración autonómica, incorporando maior transparencia e tamén fomentando a competencia entre empresas e provedores, o que á larga redundará positivamente na facenda pública”.

Criticou a oposición do PP á proposta socialista para fiscalizar dos procedementos negociados sen publicidade co obxecto de impedir o control das contratacións públicas do goberno galego.

Sinalou que “non sabemos qué teñen que esconder, pero é sorprendente a súa postura xa que nós só demandamos un maior control na fiscalización deste tipo de contratacións” asegura José Manuel Lage, portavoz socialista na Comisión de Relacións co Consello de Contas.

Prestacións para os dependentes

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista tamén demandou que se inste á Xunta de Galicia a “que faga efectivas as prestacións derivadas da aplicación da Lei de Autonomía Persoal que xa están recoñecidas”, o que tamén foi rexeitado polo PP. Lage Tuñas explicou que “o PP está optando por negarlle aos dependentes e ás súas familias o que é un dereito recoñecido”.

O parlamentario socialista lembrou neste sentido que “ao PP enchíaselle a boca cando era oposición pero agora que é goberno está deixando a moitas familias sen as prestacións que teñen recoñecidas por lei”.

Fiscalizar os organismos dependentes das Deputacións

O parlamentario do PSdeG-PSOE solicitou nunha proposta que se fiscalizara especificamente as contas dos organismos dependentes das Deputacións Provinciais e apuntou que “non pode ser que se deixen sen fiscalizar organismos creados polas Deputacións a modo de administración paralela”.

O Partido Popular opúxose na votación ao non consideralo un asunto “relevante”. Pola contra os socialistas galegos consideran imprescindible unha fiscalización real “dos entes e organismos creados polas Deputacións” e o deputado socialista José Manuel Lage alertou da necesidade de “evitar que haxa fugas no control dos fondos públicos que nutren os institutos e sociedades creadas polas Deputacións Provinciais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar