Lage denuncia "moitas sombras" nos procesos de contratación da Xunta

Lage denuncia "moitas sombras" nos procesos de contratación da Xunta

Lage denuncia "moitas sombras" nos procesos de contratación da Xunta

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, defendeu  no Pleno do Parlamento (10) dez recomendacións para os traballos do organismo de fiscalización da Comunidade Autónoma de Galicia ao tempo que destacou que “o informe de fiscalización do ano 2008 do consello de Contas demostra que as contas do goberno de Touriño non teñen tacha”.

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage Tuñas recordou que “a débeda da Xunta no ano 2008 era de 3.000 millóns de euros, pero en 2012 con tres anos de xestión do PP no goberno autonómico será de preto de 8.000 millóns de euros. É decir en tres anos duplicaron a débeda pública da comunidade autónoma”.

Na tribuna do parlamento José Manuel Lage denunciou que “a Xunta de Galicia non cumpre o 60% das recomendacións feitas polo consello de Contas.”

“Denunciamos que o actual goberno galego que preside o sr. Núñez Feijóo está incumprindo o 60% das recomendacións feitas polo Consello de Contas, ” explicou o deputado socialista ao tempo que manifestou que “de nada vale que o Consello faga o seu traballo si despois o goberno galego non cumpre as recomendacións”.

Posibles contratos amañados na Xunta

Na súa intervención o deputado aludiu a información publicada nos medios de comunicación na que un funcionario da administración autonómica, membro das mesas de contratación, denuncia amaños nas licitacións da Xunta. Lage Tuñas ve que “hai moitas sombras nas contratacións da Xunta”, e acusou ao goberno de Núñez Feijoo “de mirar cara outro lado”.

O deputado do PSdeG ve preocupante que “o PP se opoña a unha maior fiscalización da publicidade e transparencia dos contratos públicos” e recordou que “nestes momentos a través da denuncia dun funcionario o Consello Galego da Competencia está investigando unha posible trama para amañar contratos da Xunta”.

Lage Tuñas defendeu a fiscalización dos procedementos negociados sen publicidade na Xunta de Galicia e atopouse coa negativa do PP a que o Consello de Contas fiscalice este tipo de contratos.

Dixo que “os procedementos sen publicidade da Xunta de Galicia deben ser fiscalizados de xeito especial pola súa especial incidencia en aspectos relevantes como a transparencia e a igualdade de oportunidades para provedores e pequenas e medianas empresas” e engadiu que “o Consello de Contas pode facer aí un bó traballo que mellore tamén os resultados da administración autonómica, incorporando maior transparencia e tamén fomentando a competencia entre empresas e provedores, o que á larga redundará positivamente na facenda pública”.

O deputado do PSdeG explicaba que “o PP opúxose á fiscalización dos procedementos negociados sen publicidade co obxecto de impedir o control das contratacións públicas do goberno galego”.

“Non sabemos –dixo-que teñen que esconder pero é sorprendente a súa postura xa que nós só demandamos un maior control na fiscalización deste tipo de contratacións” asegura José Manuel Lage, portavoz socialista na Comisión de Relacións co Consello de Contas.

Fiscalizar os organismos dependentes das Deputacións

O parlamentario do PSdeG-PSOE solicitou nunha proposta que se fiscalizara especificamente as contas dos organismos dependentes das Deputacións Provinciais e apuntou que “non pode ser que se deixen sen fiscalizar organismos creados polas Deputacións a modo de administración paralela”.

O Partido Popular opúxose na votación ao non consideralo un asunto “relevante”. Pola contra os socialistas galegos consideran imprescindible unha fiscalización real “dos entes e organismos creados polas Deputacións” e o deputado socialista alertou da necesidade de “evitar que haxa fugas no control dos fondos públicos que nutren os institutos e sociedades creadas polas Deputacións Provincias”.

Recoñecer as prestacións para os dependentes

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista tamén demandou que se inste á Xunta de Galicia a “que faga efectivas as prestacións derivadas da aplicación da Lei de Autonomía Persoal que xa están recoñecidas”. O Partido Popular tamén votou en contra.

Lage Tuñas explica que “o PP está optando por negarlle aos dependentes e ás súas familias o que é un dereito recoñecido”.

“Ao PP enchíaselle a boca cando era oposición pero agora que é goberno está deixando a moitas familias sen as prestacións que teñen recoñecidas por lei” engadiu o deputado do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar