Lage denuncia a "grave adulteración" das bases dunha oposición do corpo superior de funcionarios da Xunta

Lage denuncia a "grave adulteración" das bases dunha oposición do corpo superior de funcionarios da Xunta

Lage denuncia a "grave adulteración" das bases dunha oposición do corpo superior de funcionarios da Xunta

O portavoz de Area Institucional do Grupo Parlamentario Socialista Jose Manuel Lage Tuñas denunciou hoxe a “grave adulteración” das bases dunha oposición do Corpo Superior de Funcionarios da Xunta de Galicia.

Lage Tuñas faise eco das denuncias xudiciais de 51 opositores, entre os que se atopa a asociación de funcionarios interinos da Xunta de Galicia, que recurriron aos tribunais para denunciar “graves irregularidades no proceso selectivo do grupo A1 da Xunta de Galicia”.

Este proceso selectivo foi convocado no ano 2008 polo anterior goberno de Pérez Touriño, e foi retrasado en varias ocasións polo actual goberno do Partido Popular. De feito esta oposición superou todolos límites legais (3 anos é o prazo máximo) ao finalizar fai escasos días, cando se cumprían 42 meses dende o comezo do mesmo.

Lage Tuñas que mantivo un encontro con algún dos opositores afectados pola “vulneración das bases da convocatoria” entende que “é hora de que o Presidente Feijóo adopte medidas contundentes porque a Función Pública en Galicia está na picota por pisotear continuamente a legalidade”.

“A gravidade dos feitos debería levar consigo a apertura dunha investigación interna por parte do Presidente da Xunta” explica José Manuel Lage, para denunciar a continuación que “os procesos selectivos de acceso á función pública deben ser reformados xa que non é de recibo que un Tribunal se invente a forma de puntuar unha proba selectiva”.

O deputado do PSdeG-PSOE alerta de que “Función Pública amparou ao Tribunal calificador que considerou nos seus escritos de contestación aos opositores que as bases eran “oscuras” e “técnicamente defectuosas”, ao tempo que recorda que “a vulneración das bases pode anular todo o proceso selectivo, como xa sucedeu coas oposicións á inspección de turismo que foi anulada por sentencia do Tribunal Supremo”.

José Manuel Lage recorda que “para unha oposición do corpo superior de funcionarios da Xunta o citado tribunal estableceu o aprobado na primeira proba da oposición nunha soa resposta correcta sobre 120, facendo unha interpretación literal das bases. Na segunda proba saltouse as bases e adoptou un criterio que non aparece recollido en ningunha das bases da convocatoria. Inventáronse o procedemento e así o denuncian máis de cincuenta opositores diante dos tribunais de xustiza”.

Lage Tuñas explica que “Función Pública permitiu que se inventaran os criterios a seguir para superar a segunda proba do proceso selectivo ao deixar que o Tribunal utilizara regras diferentes ás dispostas nas bases da convocatoria”.

Engade que “a lexislación galega recolle con claridade que os criterios de actuación dos Tribunais serán precedentes á realización da proba, e notificados aos aspirantes pois só deste xeito se garantiza ademais o principio de seguridade xurídica, pois deste xeito os participantes adecuaran daquela o seu exercicio aos criterios manifestados polo Tribunal Calificador seguindo as bases da convocatoria”.

Lage Tuñas recorda que “o tribunal que xuzgou as probas sufreu cambios continuos no proceso, chegando a pasar ata 19 membros polo órgano calificador e formando parte do mesmo letrados que recurriran xudicialmente por interese manifesto nas citadas probas”.

O deputado socialista ve “un auténtico burato negro” no departamento de función pública da Xunta de Galicia dende que Feijóo alcanzou a Presidencia da Xunta e considera “unha necesidade que o goberno tome decisións urxentes e free a sangría de anomalías e malas prácticas que rodean ás oposicións para traballar na Xunta de Galicia”.

Asegura que “dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta os procesos selectivos están convertidos nun “via crucis” para centos de opositores que só perciben atrancos e falta de transparencia na actuación da administracción pública galega”.

Subliña que dende o PSdeG-PSOE se proporá “unha reforma dos sistemas de acceso á función pública para garantizar a axilidade na súa xestión, a imparcialidade e a limpeza nos citados procesos selectivos, e rematar cos constantes conflictos, anomalías, sospeitas de irregularidades e malas prácticas por parte do goberno galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar