Dende a chegada de Feijóo á Xunta, a CRTVG incumpre o investimento mínimo do 6% en producción audiovisual

Dende a chegada de Feijóo á Xunta, a CRTVG incumpre o investimento mínimo do 6% en producción audiovisual

Dende a chegada de Feijóo á Xunta, a CRTVG incumpre o investimento mínimo do 6% en producción audiovisual

O deputado do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, interveu na Comisión da CRTVG do Parlamento de Galicia para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre os datos referidos ao cumprimento da TVG no ano 2010 da obriga legal de investimento do 6% dos seus ingresos no sector da producción audiovisual galega, e as previsións respecto o ano 2011.

Lage Tuñas lembrou na súa intervención que xa no pasado mes de abril nesta mesma comisión, denunciou que o incumprimento do Goberno de Feijoo neste asunto, por segundo ano consecutivo. Dixo que o contexto actual de crise “lévanos a unha nova realidade orzamentaria, á que tampouco non é allea a CRTVG”, por iso lamentou que o ano pasado so se chegaron aos 2.3 millóns de euros. Replica que a CRTVG non esta cumprindo co sector audiovisual en Galicia.

Asegura que non recoñecer o que esta pasando no sector audiovisual na nosa Comunidade “é un erro”. Lage subliñou ademais que este é o mellor momento para reivindicar a importancia do sector audiovisual galego para a nosa economía.

O parlamentario socialista afirma que os representantes do audiovisual galego denuncian o incumprimento das obrigas legais que corresponden aos xestores públicos. Asevera que “en Galicia falla a estratexia neste terreo cando non se cumpre co mínimo legal”, que pode ter consecuencias moi positivas para a economía de Galicia.

Sen contestar as preguntas

No turno de replica Lage Tuñas dixo que o Director da CRTVG compareceu en sede parlamentaria sen contestar as preguntas formuladas polo deputado do PSdeG-PSOE. E denuncia que deu “datos sesgados”.

Afirma que o Director Xeral da CRTVG fixo unha trampa, “xa que salta a obriga legal”. Explica que nunca se referiu ao mínimo legal do 6%. O deputado dixo que 2,3 millóns de euros adicados a longametraxes, animación, documentais, xunto 2,1 millóns de euros adicados a coproducción e dereitos de explotación, indican que “estas cifras saltan a obriga legal”, espetou .

Para Lage a CRTVG non pode dar as cifras legais “porque sabe que non cumpre”, por iso insistiu “esta facendo un debate trampa e non responde a que se lle preguntou en sede parlamentaria”.

O deputado reclamou coñecer as previsións de ingresos da CRTVG, e asegura que o PSdeG seguira defendo os intereses e o investimento do sector audiovisual de Galicia “fronte a tacañeria e a falla de estratexia do Goberno de Feijoo, e do director xeral da CRTVG nomeado polo PP”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar