Lage demanda unha lei que regule os xogos de azar e mais protección para persoas que sufren ludopatía

Lage demanda unha lei que regule os xogos de azar e mais protección para persoas que sufren ludopatía

Lage demanda unha lei que regule os xogos de azar e mais protección para persoas que sufren ludopatía

O parlamentario socialista, José Manuel Lage, ven de esixir ao Goberno galego unha nova lei do Xogo de Galicia. Reclamou tamén maiores medidas para incrementar a protección social e da saúde tendo en conta os numerosos casos de ludopatía derivados dos xogos de azar lucrativos na nosa comunidade.

As demandas do deputado socialista materializáronse no transcurso da Comisión 1ª , en cuxa orde do día se incluía unha pregunta, que respondeu o director xeral de Interior, Santiago Villanueva.

O recurso ás xeneralidades do representante da Xunta, non satisfixeron a Lage Tuñas, que reprochou ao Executivo de Núñez Feijóo “non querer aclarar se teñen pensado afrontar no vindeiro período de sesións, ou tan sequera na presente lexislatura unha nova lei do xogo”, pois a actual leva 25 anos en vigor e “debe actualizarse compatibilizando intereses económicos, sociais e da saúde”.

Tampouco admite Lage as escusas da Xunta, apelando constantemente á necesidade de adaptarse aos cambios de normativa estatal ou á imposibilidade de trazar barreiras fronteirizas no caso do xogo por Internet.

O interese por esta actualización pendente da lei se incrementa, a xuízo do parlamentario socialista, cando en recentes datas a Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza manifestábase favorable ao incremento dos xogos lucrativos en Galicia por ser unha oportunidade para incrementar os ingresos económicos.

Lage Tuñas defendeu o criterio dos Socialistas de Galicia sobre a necesidade dunha nova lei e arbitrar a protección social do xogo fronte á ludopatía e outros trastornos ou adiccións que son de extrema gravidade para a saúde das persoas.

De feito, o parlamentario socialista reprochou a Santiago Villanueva que as medidas da Xunta para a protección da poboación con ludopatía ou outros trastornos derivados do xogo se limite “ a vixiar se os carteis están situados en lugares visibles”.

Lage esixiu ao director xeral de Interior que entregue á Comisión o Plan de Inspección que dixo ter elaborado o seu departamento, porque “esta Cámara non o coñece”. A continuación reprochou a Villanueva que non citara ningunha medida extraordinaria para atallar os numerosos casos de ludopatía existentes en Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar