Lage demanda que a dirección da TVG “remate co sectarismo nos informativos e asuma o espíritu da nova Lei da CRTVG"

Lage demanda que a dirección da TVG “remate co sectarismo nos informativos e asuma o espíritu da nova Lei da CRTVG"

Lage demanda que a dirección da TVG “remate co sectarismo nos informativos e asuma o espíritu da nova Lei da CRTVG"

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage presentou hoxe unha iniciativa parlamentaria co obxecto de denunciar as represalias sufridas por dous xornalistas da TVG por defender os seus dereitos laborais.
Lage Tuñas defendeu o dereito dos xornalistas Alfonso Hermida e Ana Pérez, presentadores da TVG, a exercer os seus dereitos constitucionais, o de liberdade de expresión e o de defensa dos seus dereitos laborais, entre outros.
O deputado socialista considera que “os novos tempos da TVG teñen que visualizarse neste período de transición, e non caben vendettas nin represalias”.

Lage Tuñas pideu que “rectifiquen” e “pidan desculpas”, engadiu que “deben resarcir aos xornalistas afectados” e considerou “unha represalia o feito de que se tivera apartado dun especial informativo a dous traballadores da TVG só polo feito de que exerceran libremente os seus dereitos”. O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage ve “intolerables” as represalias da dirección da TVG contra dous presentadores da canle pública.

”Non pode pedirlle aos xornalistas que renuncien ao seu dereito constitucional de defender os seus dereitos laborais. Moitos menos decir que iso crea un conflito de intereses coa TVG. Porque iso o que indica é que xustifica e recoñece que foron represaliados e apartados do especial do 20-N”.

”É difícil de entender que a CRTVG vexa conflito de intereses neste caso e se faga referencia á BBC. Pola contra o Sr. Sánchez Izquierdo non ve conflito algún no feito de que un recoñecido simpatizante do PP acabe presentando o especial informativo das eleccións do 20-N”.

Lage Tuñas pídelle ao Director Xeral da CRTVG que se “paralicen os expedientes anunciados para estos profesionais” ao tempo que solicitou “que o espíritu do novo marco legal aprobado no parlamento tome corpo na TVG”.

O PSdeG-PSOE demanda que a dirección da Tvg “remate co sectarismo nos servizos informativos e asuma o espíritu da nova lei da Crtvg, cunha televisión plural e sen represalias aos traballadores/as”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar