Lage demanda a transferencia de once competencias para mellorar o autogoberno de Galicia

Lage demanda a transferencia de once competencias para mellorar o autogoberno de Galicia

Lage demanda a transferencia de once competencias para mellorar o autogoberno de Galicia

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage, defendeu no pleno do Parlamento a demanda de once competencias para mellorar o autogoberno de Galicia.

Lage Tuñas propuxo establecer un acordo entre os grupos parlamentarios para pedirlle ao goberno galego que deseñe unha proposta para establecer prioridades, obxectivos, calendario e prazos para a consecución de novas competencias para Galicia.

Os socialistas galegos atopáronse co “muro infranqueable do PP, negando calquera tipo de acordo e adiando a mellora do autogoberno galego”.

Lage Tuñas recordou a posición que mantiña o goberno galego e o Partido Popular en 2010, “reivindicaban a transferencia de competencias en diversas materias e culpaban ao goberno do Estado de tódolos males” e engadiu que “os galegos temos que acordar unha posición común e defendela na negociación co Estado independentemente de quen goberne. Imos ver si o PP está pola labor pero témome que non”.

O deputado socialista explicou na tribuna que “o goberno Feijóo pasará á historia da autonomía como o peor en canto á xestión da transferencia de competencias para Galicia de seguir polo mesmo camiño dos últimos tres anos”.

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista ve ao goberno galego “sin obxectivos nin prioridades en materia de autogoberno”.

Lage Tuñas propuxo no pleno do parlamento que “o goberno galego deseño unha proposta para a negociación co estado en base ás competencias acordadas na cámara galega entre os tres grupos parlamentarios”.

Once competencias

O parlamentario socialista reivindicou anteriores acordos parlamentarios e concretou en alomenos once peticións de transferencia a posición do PSdeG para mellorar o autogoberno pola vía da negociación co Estado no ano que resta de lexislatura autonómica

”Demandamos alomenos once competencias importantes para mellorar a xestión colectiva dos intereses dos galegos: A inspección de traballo, a ordenación do sector pesqueiro, a AP 9 e AP 53, o dominio público hidráulico, as obras hidráulicas, a inspección e vixiancia pesqueira, a meteoroloxía, as titulacións e tarxetas acreditativas da marina mercante, a ordenación do litoral e o dominio público marítimo terrestre e o persoal de xustiza”.

”A transferencia de competencias é importante si sirve para mellorar a calidade de vida das galegos e dos galegos, porque o autogoberno debe servir para administrar con máis proximidade e mellor os recursos públicos” incidiu.

Os socialistas galegos ofreceron “acordos parlamentarios para incrementar as competencias do noso país e establecer unha posición común independentemente de quen goberne no estado”.

Lage Tuñas concluiu destacando que “facemos País cando pensamos nas persoas, porque Galicia é territorio sen dúbida pero o país constrúenos as persoas, os cidadáns, no día a día, e nesa tarefa temos que priorizar aquelas competencias necesarias e urxentes para unha mellor xestión dos intereses colectivos dos galegos e galegas”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar