Lage defende a supresión dos coches oficiais dos altos cargos da Xunta e acusa ao PP de “dobre moral”

Lage defende a supresión dos coches oficiais dos altos cargos da Xunta e acusa ao PP de “dobre moral”

Lage defende a supresión dos coches oficiais dos altos cargos da Xunta e acusa ao PP de “dobre moral”

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, presentou hoxe unha nova iniciativa parlamentaria defendendo a “eliminación de privilexios na Xunta de Galicia” en canto ao uso de centos coches oficiais e de servizo dos que fan uso persoal altos cargos da Xunta e persoal de libre designación.

O deputado do PSdeG explica que “a Xunta sigue dispoñendo dun inmenso parque móbil destinados ao uso persoal de altos cargos e persoal de libre designación da administracción autonómica, sin que o goberno galego teña posto freo a esta situación.”

Lage Tuñas defende que “nun contexto no que se lle piden sacrificios a moitos traballadores, a moitos sectores da nosa sociedade, o que se espera tamén da Xunta de Galicia é sinais claros de entender que se debe rematar con determinados privilexios dos que dispoñen moitos cargos de libre designación do goberno galego.”

Deste xeito os socialistas galegos volven incidir novamente na proposta que fixeran xa fai varios meses para racionalizar o parque móbil da Xunta de Galicia e concretan a súa proposta pedindo que “se limite, única e exclusivamente, a asignación e uso de vehículos oficiais con conductor aos membros do consello da Xunta de Galicia que disporán do mesmo para o desenvolvemento das funcións propias do seu cargo.”

Lage Tuñas tamén propón que o parlamento inste ao goberno galego a “facer unha moratoria na compra de vehículos oficiais ou de servizo e deixe de mercar vehículos oficiais e de servizo con ata o ano 2013”.

O parlamentario socialista cree que “é indispensable tomar medidas reais e efectivas que signifiquen realmente un cambio na cultura política deste país, xa que é difícil de entender para calquera cidadán o mantemento de determinados privilexios na esfera pública como pode ser o uso de vehículos oficiais para uso persoal de cargos de libre designación do goberno galego.”

Nesa liña apunta que “a sociedade espera da política e dos seus representantes públicos decisións acordes cos tempos que vivimos e coherencia cos discursos que se veñen pronunciando dende fai tempo, por iso é irresponsable que o Sr. Feijóo e o seu goberno sigan sin atender as propostas que dende o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia temos presentado para un efectivo axuste do parque móbil da Xunta de Galicia.”

Os socialistas galegos recordan que o parque móbil da Xunta de Galicia contaba a comezo do ano 2009 con 2.248 vehículos segundo se desprende de diferentes informacións da propia Xunta de Galicia.

Dende o PSdeG apúntase que “o goberno galego tense limitado a publicitar un cambio de marca de vehículos como mostra de austeridade, nunha clara maniobra de “marketing” que non aborda a necesaria racionalización do parque móbil da Xunta de Galicia. Quedou todo nunha operación cosmética”.

José Manuel Lage recorda que nos dous primeiros anos de goberno, Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta de Galicia “gastou máis de 10 millóns de euros na adquisición de vehículos para o parque móbil da Xunta de Galicia a pesares de presumir de austeridade e facer publicidade engañosa de xeito permanente ao redor deste asunto.”

“A xente espera da Xunta de Galicia é que remate con determinados privilexios, como o uso de centos de vehículos oficiais e de servizo para uso persoal de altos cargos e persoal de libre designación do goberno galego.”

”Sabemos que a cantidade de recursos económicos que se vai aforrar non resolve as dificultades económicas que pode atravesar o País pero sí é un claro sinal de ter entendido o cambio necesario e urxente que demanda a sociedade, a mesma á que se lle pide sacrificios.”

”Si un ministro do goberno de Holanda pode viaxar en tren, transporte público colectivo ou no seu vehículo propio, imaxino que un director xeral do goberno de Galicia tamén poderá facer o mesmo” explica José Manuel Lage.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar