Lage critica que a Consellería de Presidencia manteña aos delegados territoriais mentres recorta servizos públicos

Lage critica que a Consellería de Presidencia manteña aos delegados territoriais mentres recorta servizos públicos

Lage critica que a Consellería de Presidencia manteña aos delegados territoriais mentres recorta servizos públicos

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, advertiu  que a Consellería de Presidencia “mantén aos delegados territoriais “mentres recortan servizos públicos”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro Alfonso Rueda en Comisión parlamentaria para presentar o orzamento do próximo ano.

Lage Tuñas esixiu que “deixen de  recortar en educación, sanidade ou dependencia” e reduzan a administración comezando polas cinco Delegacións Territoriais para “aforrar dez millóns de euros e cinco comisarios políticos”. Reclamou así o cese do delegado de Ourense “antes do vindeiro Pleno” como “exercicio de responsabilidade” por “rirse dos galegos dicindo que non ía andar coa mangueira cando estaba no Bernabéu en plena crise de incendios forestais”.

Advertiu que “a día de hoxe non sabemos cal é a súa función” e ironizou sobre si ten que coordinar a actuación da Xunta na provincia “dende o Bernabéu celebrando o gol de Benzemá”. Dixo que “non é razoable” manter os delegados “con persoal e asesores” mentres “recortan profesorado, persoal sanitario e non pagan as axudas á dependencia”.

Dixo que manteñen o gasto improdutivo correspondente ao gasto interno ou o aparataxe porque “decidiron que as tesouras as ían empregar nos centros educativos, nas axudas aos dependentes ou nos centros hospitalarios”. Lage Tuñas reclamou de novo a redución do 80 por cento do parque móbil da Xunta para que só dispoñan de vehículo o presidente e os conselleiros, tal e como fixeron Madrid, Castela e León ou Extremadura.

O responsable socialista apuntou que “tardaron mais de 10 anos en recoñecer o fracaso do mapa comarcal, as fundacións comarcais e o entramado de chiringuitos que montaron cando gobernaban”, a pesares do cal “levan xa catro cifras diferentes de aforro nun Plan de Racionalización da Administración” cando “a realidade é que aínda non o puxeron en marcha”.

Lage Tuñas sinalou así que, malia que hoxe o conselleiro anunciou un aforro de 20 millóns de euros, este comezara nun aforro de 10 millóns o 10 de novembro de 2010, para o 30 de novembro elevalo a 13 millóns “así porque si”. A fluctuación de cifras continuou incrementándose en xuño de 2010, cando anunciaba un aforro de 21 millóns, ata a cifra de hoxe, e preguntou si “dentro de 20 días vai ser de 25 millóns”.

Retrasos nos pagos e promesas repetidas

 

O responsable socialista criticou os “lamentables retrasos” nos pagos da quenda de oficio para os avogados galegos, provocando “dificultades moi serias polos impagos da administración”. Explicou que mentres o presidente da Xunta se gaba de que pagan en 35 ou 45 días a realidade é que “hai xente que leva sen cobrar moitos meses, incluso con retrasos anunciados ata marzo do próximo ano”.

Lage Tuñas evidenciou que malia os anuncios emitidos polo conselleiro, a realidade é que “non ten incorporado ningunha mellora substancial nos procesos administrativos” e que os orzamentos presentados hoxe son “moi semellantes ao ano pasado”. Así, dixo que o conselleiro “falou hoxe das mesmas infraestruturas xudiciais que leva prometendo dous anos e non executa.

Reclamou tamén que o Goberno galego remita un Proxecto de Lei do Xogo con tramitación ordinaria a través do Parlamento e advertiu que o uso de novo da Lei de Acompañamento dos Orzamentos xa foi criticada polo CES por impedir o debate e a posta en coñecemento das modificacións legais.

Emerxencias

O responsable socialista dixo tamén que o orzamento da Consellería deixa “descoidadas as emerxencias” manténdose un 6 por cento por debaixo do último orzamento elaborado polo goberno de Touriño malia que na previsión do próximo ano medre un 16,23 por cento. Advertiu que o medre deste exercicio débese unicamente aos gastos de funcionamento dos novos parques de bombeiros que comezaron o pasado día 21.

Criticou que a Xunta continúa a renunciar a deseñar un mapa de emerxencias para Galicia, ademais de manter as comarcas de Baixa Limia, Val Miñor, Trives e Caldelas sen parque. Tamén advertiu que a Xunta renuncia un ano mais a destinar os 6 millóns de euros que lle corresponden para cofinanciar o incremento da plantilla da Unidade de Policía Adscrita porque “non é unha prioridade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar