Lage avoga por unha administración pública eficiente fronte á "administración anémica" que deseña o PP

Lage avoga por unha administración pública eficiente fronte á "administración anémica" que deseña o PP

Lage avoga por unha administración pública eficiente fronte á "administración anémica" que deseña o PP

O parlamentario socialista, José Manuel Lage Tuñas, defendeu no pleno do Parlamento a derrogación da lei 1/2012 de medidas temporais no emprego público e a apertura dun diálogo entre tódalas forzas para “a reforma da administración, onde se prime a eficiencia,cos axustes necesarios, e a calidade dos servizos”.

Lage Tuñas aposta por “unha administración pública eficiente, onde se fagan as reformas estruturais necesarias para reforzar a calidade dos servizos públicos ao mesmo tempo que se erradican malas prácticas ou ineficiencias evidentes”.

”Feijóo está convertido no ariete daqueles que perseguen debilitar o Estado e poñer en mans do mercado a resolución de tódolos problemas, incidindo nas políticas neoliberais e criminalizando as empregados públicos”, acusou o deputado socialista.

DOBRE MORAL DE FEIJÓO NA APLICACIÓN DE RECORTES

Lage Tuñas criticou a “dobre vara de medir” e a “dobre moral” do presidente da Xunta. Porque anuncia recortes discrecionais e unilaterais dos salarios de traballadores da Administración pública de ata un 33 por cento, que anuncia que non cubrirá o 75 por cento das baixas do persoal sanitario e que non cubrirán alomenos o 10% da xubilacións no ámbito sanitario.

Mentres isto sucede, mentres aforran en Sanidade e Educación manteñen unha oficina do Igape en Miami que custa 11.000 dólares ao mes, ou manteñen un aparcamento particular que custa 600 euros cada mes, recriminou o deputado socilalista ao Goberno popular.

José Manuel Lage tamén acusou ao Goberno Feijóo de entregar a acción exterior do IGAPE á Confederación de Empresarios de Galicia a cambio de 18 millóns de euros, sen que mediase ningún tipo de concurso público.

Referiuse a continuación o portavoz do área Institucional do Grupo Socialista á Cidade da Cultura, para reprochar á Xunta “ a compra de sillas de 333 euros”, que o conselleiro de Educación cualifica de “cadeiras ordinarias” para ese “enxendro”, cualificada por Lage como “símbolo claro do despilfarro, da nula planifiación, da ausencia de criterio, o símbolo dos 16 de anos de fraguismo do PP de Galicia”.

Acusou ao Executivo de Núñez Feijóo seguen mantendo Delegacións Territoriais de novo cuño con persoal de gabinete, asesores e persoal eventual “co único obxectivo de servir aos intereses do Partido Popular de Galicia”, dixo.

Cifrou en 40 millóns de euros o custe nesta lexislatura da creación destas Delegacións dirixidas por Superdelegados e Superdelegadas “que teñen como xestión máis destacada no que vai de lexislatura a asistencia a un partido de fútbol no Santiago Bernabeu cando a provincia de Ourense ardía polos catro costados”, dixo en alusión a un feito protagonizado polo Superdelegado da Provincia de Ourens

Dobre moral

Lage criticou a “dobre vara de medir” e a “dobre moral” do presidente da Xunta

Anuncian recortes discrecionais e unilaterais dos salarios de traballadores da administracción pública de ata un 33 por cento

Anuncia que non cubrirá o 75 por cento das baixas do persoal sanitario

Non cubrirán alomenos o 10% da xubilacións no ámbeto sanitario

Mentres aforran en sanidade e educación manteñen unha oficina do Igape en Miami que custa 11.000 dólares ao mes

Ou manteñen un aparcamento particular que custa 600 euros cada mes

Ou entregan a acción exterior do IGAPE á Confederación de Empresarios de Galicia a cambio de 18 millóns de euros sen que mediase ningún tipo de concurso público.

Mentras se adican a comprar sillas de 333 euros, que o conselleiro de Educación califica de “sillas ordinarias” para ese enxendro que é a Cidade da Cultura ... símbolo claro do despilfarro, da nula planifiación, da ausencia de criterio, o símbolo dos 16 de anos de fraguismo do PP de Galicia.

Mentras siguen mantendo Delegacións Territoriais de novo cuño con persoal de gabinete, asesores e persoal eventual co único obxectivo de servir aos intereses do Partido Popular de Galicia.

40 millóns de euros supoñen nesta lexislatura a creación destas Delegacións dirixidas por Superdelegados e Superdelegadas ... que teñen como xestión máis destacada no que vai de lexislatura á asistencia a un partido de fútbol no Santiago Bernabeu cando a provincia de Ourense ardía polos catro costados ....

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar