Lage: "As reformas de Feijóo son un ataque brutal aos dereitos dos empregados públicos"

Lage: "As reformas de Feijóo son un ataque brutal aos dereitos dos empregados públicos"

Lage: "As reformas de Feijóo son un ataque brutal aos dereitos dos empregados públicos"

O portavoz de Area Institucional do Grupo Parlamentario Socialista Jose Manuel Lage Tuñas amosou a oposición frontal do PSdeG ás medidas sobre os recortes anunciadas polo Goberno de Feijoo “tanto na forma como no fondo”. Dixo que supoñen “un brutal ataque aos dereitos dos empregados públicos”.

Lage Tuñas dixo que “Feijóo recorta dereitos laborais e deteriora os servizos públicos mentras mantén oficinas sin actividade en Miami (USA) que costa 11.000 dólares ao mes. É o mellor exemplo da dobre moral do Partido Popular”.

O deputado afirma que Feijoo escolleu a “lectura única”, como método para aplicar este proxecto de Lei, por iso acusou ao PP “de aplicar ao rodillo sen dialogar coa oposición, e desprezando ao Parlamento de Galicia”. Pero sobre vai aprobar este reforma “sen contar co informe do CES”.

O parlamentario asevera que o Goberno de Feijoo “tenta criminalizar aos traballadores da función publica e responsabilizando aos traballadores dunha crise económica da que non son responsables”.

Ademais acusa ao Goberno de Feijoo de “aplicar un dobre vara de medir, cunha dobre moral”. Asegura que por un lado a Xunta pretende aforrar con estas medidas 75.5 millóns de euros “pero non contempla facer este tipo de aforro sen que recaia sobre os empregados públicos, cando sí se poden facer outro tipo de recorte sen gastos completamente prescindibles”.

Lage Tuñas replica que o PSdeG “ten propostas alternativas pata facer fronte a estes recortes”. Por iso puxo como exemplo “a supresión das Delegacións Territoriais da Xunta de Galicia que supoñen case 40 millóns de euros para as contas, son prescindibles”, e insistiu “así como os gabinetes e asesores e persoal que teñen estes organismos, e que é utilizada por Feijoo e Rueda para exercer un control político ao servizo do Partido Popular”.

Tamén fixo referencia ao gasto de mais de 18 millóns de euros das 14 Oficinas no Exterior nun convenio entre o Igape e a Federación de Empresarios de Galicia. Denuncia que a Oficina de Miami custa mais de 11.000 dólares ao mes, por iso pregunta “como é posible recortar no emprego publico?, e proseguiu “esta é a dobre vara de medir do PP”.

Pagan 600 dólares por unha praza de aparcamento en Miami

E advertiu ademais que o Goberno de Feijoo paga 600 dólares en Miami por unha praza de aparcamento “e mentres en Galicia reduce nun 75% as substitucións de persoal na sanidade e na educación. Esta é a realidade da Xunta”, proclamou.

Afirma que Feijoo tapa “as súas incompetencias e as súas vergoñas a costa de poñer sobre o lombo dos funcionarios o custe da crise economica, nun actuación demagóxica, xa que por un lado fai recortes e por outro hai unha situación de privilexios”, en alusión aos coches oficiais, as asistencias técnicas onerosas ou as viaxes oficiais.

Lage Tuñas demanda que se reconsidere ter “determinadas oficinas e palacetes”, como por exemplo o Palacete de Madrid. Denuncia que “non se pode tardar 7 ou 8 días en recibir unha consulta medica, e mentres manter este tipo de edificios suntuosos”.

Asegura que “Feijoo fuxe cara adiante, cargando sobre os empregados públicos unha decisión que ataca directamente os dereitos laborais dos empregados”.

Precarizacion dos servicios

O parlamentario sinala que os recortes de Feijoo “afectan a sanidade e a educación”, como reflicten os propios informes da Xunta, que sinalan que non cubriran as baixas no Sergas, o que supón un aforro de mais 6.6. millóns de euros. Ademais recoñece que van a reducir a contratación temporal nun 75%, que afecta a residencias ou centros de Dia, “coa conseguinte precarizacion dos servizos públicos”.

Liña vermella

Así as cousas dixo que as políticas de Feijoo en Galicia “deterioran claramente os servizos públicos”. “A protección de saúde das persoas para o PSdeG é unha liña vermella, por iso imos a defender con uñas e dentes a sanidade publica, a calidade dos servicios públicos e aos profesionais da sanidade publica”, proclamou Lage.

O portavoz denuncia que o Sergas vai reducir os seus custos en 21 millóns de euros “ao non cubrir as baixas laborais e as baixas de xubilación”. Por iso reclama “eliminar oficinas coma a de Miami e preservar a sistema galego de saúde”.

Lembrou que maña tódolos socialistas estará presentes nas concentracións que se farán en toda Galicia “para defender os servizos públicos e aos profesionais que os conforman”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar