Lage acusa á Xunta de deseñar a medida as prazas de inspectores de Servizos Sociais

Lage acusa á Xunta de deseñar a medida as prazas de inspectores de Servizos Sociais

Lage acusa á Xunta de deseñar a medida as prazas de inspectores de Servizos Sociais

O portavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage, acusou á Xunta de ter deseñado as prazas de inspectores do Sistema Galego de Servizos Sociais “á medida”. Así o dixo no debate en Comisión dunha Proposición non de Lei socialista para garantir a igualdade de oportunidades entre os empregados públicos do Grupo A.

Lage Tuñas explicou que a Xunta impuxo como requisito imprescindible para poder optar ás prazas de inspector de Servizos Sociais un curso que durante 2008,2009 e 2010 non foi ofertado pola EGAP,e recordou que no 2011 convocouse en maio pero só para 20 persoas co que “garanten que só poidan acceder a estas prazas un grupo reducido e selecto de 20 persoas, deixando ao 95 por cento fóra dos empregados públicos do grupo A”.

Dixo que "rómpese a igualdade de oportunidades entre os empregados do grupo A da Xunta e limítase a posibilidade de concursar por estas prazas só ás persoas posuidoras dun curso que imparte a EGAP”. Explicou que "quen teña o curso poderá optar ás prazas de inspección, pero resulta que o curso é só para 20 persoas, que son as únicas que poderán optar as prazas"

"A ausencia da citada oferta formativa na EGAP nos últimos anos, fai que na práctica o curso convocado neste ano 2011 determine que só un grupo reducido e selecto poida optar ás prazas de inspección de servizos sociais, discriminando así ao resto dos empregados públicos do grupo A" expuxo Lage Tuñas hoxe na Comisión.

O PP desbotou esta proposta, segundo Lage, “aplicando o rodillo e sendo cómplices da ruptura da igualdade de oportunidades na función pública".

O responsable socialista advertiu que en só dous anos de goberno “volven a cometer as mesmas tropelías que nos 16 anos anteriores. Sres do PP quedan vostedes coas vergonzas ao aire” e destacou que “na administración están poñendo en cuestión a igualdade de oportunidades entre os empregados públicos”.

Sinalou que a falla de interese do PP por acadar un acordo con esta iniciativa “constata que están deseñando as praza á medida”. Lage Tuñas dixo que “poñer a administración nas súas mans convértese nunha labor de alto risco para os funcionarios públicos, que o único que ven é que os están denigrando permanentemente e actuando de forma arbitraria e discrecional”.

Engadiu que “non teñen vontade ningunha” de corrixir estas prácticas, senón que “prefiren xudicializar a administración pública e manter como director xeral a un inepto político que è responsable do desastre existente en amplas areas da administración”.

Explicou que a Xunta impuxo como requisito para optar ás prazas de inspector de Servizos Sociais un curso que durante 2008,2009 e 2010 non foi ofertado pola EGAP,e no 2011 convocouse en maio pero só para 20 persoas co que “garanten que só poidan acceder a estas prazas un grupo reducido e selecto de 20 persoas, deixando ao 95 por cento fóra dos empregados públicos do grupo A”.

Así o determina o proxecto de decreto que regula o rexistro, autorización, acreditación e inspección do sistema galego de servizos sociais de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar