Juan Carlos Francisco acusa Feijóo de querer quitarse do medio do conflito entre entidades e afectados polas preferentes

Juan Carlos Francisco acusa Feijóo de querer quitarse do medio do conflito entre entidades e afectados polas preferentes

Juan Carlos Francisco acusa Feijóo de querer quitarse do medio do conflito entre entidades e afectados polas preferentes


O parlamentario socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, ven de cualificar a proposta do Presidente da Xunta de someter a un laudo arbitral as entidades e aos usuarios afectados polas accións preferentes é “unha maneira de quitarse do medio” para eludir responsabilidades e de “gañar tempo, relaxando a presión dos afectados sobre NGB”.

Para o portavoz de Consumo do Grupo Socialista, a proposta de Núñez Feijóo roza a categoría de “ridícula”, porque o presidente galego da necesidade de que ambas partes, entidades e usuarios, acepten a mediación. Pero ademais, no caso de Galicia especialmente, a inmensa maioría das accións preferentes foron ofertadas polas caixas, que, ao teren fondos públicos, necesitan da preceptiva autorización de Bruxelas, a través do FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria) e da Comisión Europea.

A conclusión que tira Francisco Rivera é que a intención do Presidente da Xunta, foi dar “unha patada a seguir, fago unha proposta, sácome o problema de enriba e que resolva Bruxelas”.

Feijóo “iguala a vítimas e estafadores”, afirma Francisco Rivera. Non se trata dunha discusión entre partes, senón dun “fraude masivo” onde existe unha parte que o comete e outra que resulta damnificada.

Reprocha ao mandatario galego considerar por igual o comportamento cara os seus clientes das 16 entidades que teñen ofrecido preferentes en Galicia. De feito, a diferenza das caixas, os banco si están a ofrecer soluci

32641281A

Artigos relacionados

Pechar