Francisco Rivera pedirá responsabilidades no Parlamento polas denuncias do Comité de Empresa da CRTVG

Francisco Rivera pedirá responsabilidades no Parlamento polas denuncias do Comité de Empresa da CRTVG

Francisco Rivera pedirá responsabilidades no Parlamento polas denuncias do Comité de Empresa da CRTVG

O portavoz da Comisión da CRTVG do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera cualificou hoxe de “escandalosas”, as denuncias realizadas polo Comité de Empresa da CRTVG nas que aseguran que se realizaron no mes de decembro entrevistas sen redactor a un Conselleiro, catro Directores Xerais e oito altos cargos da Xunta.

Anuncia que reclamará a comparecencia do Director Xeral da CRTVG no Parlamento para esixir explicacións e responsabilidades sobre este asunto. Juan Carlos Francisco Rivera considera “insólito” que altos cargos da Xunta se entrevisten a si mesmos. Dixo que se trata de “exhibicionismo introspectivo”, e advirte ademais que esta situación “vulnera todo tipo de dereitos”, co fin de que os cidadáns poidan acceder a unha información veraz e rigorosa.

O deputado socialista afirma que estas practicas “non son as que quere a sociedade, e non vai na liña da Lei da CRTVG aprobada no Parlamento.”

Emprazou ao Goberno de Feijoo “a que deixe de manipular os medios públicos”, e reclamoulle que “cumpra co compromiso adquirido no Parlamento co fin de facer da CRTVG un medio plural, obxectivo e veraz”, insistiu.

Por ultimo dixo que “os medios públicos deben estar fora do servicio ao Goberno”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar