José Ramón Val pregúntanlle ao Goberno galego “onde estaba o remolcador Don Inda” no incidente do cargueiro Abis Calais

José Ramón Val pregúntanlle ao Goberno galego “onde estaba o remolcador Don Inda” no incidente do cargueiro Abis Calais

José Ramón Val pregúntanlle ao Goberno galego “onde estaba o remolcador Don Inda” no incidente do cargueiro Abis Calais

O portavoz de Pesca lembra que Galicia debera ter ao seu dispor ao remolcador mais potente do Estado, desaparecido nun incidente que estivo preto de converterse en catástrofe

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, anunciou unha batería de preguntas parlamentarias para que o goberno galego explique “onde estaba o remolcador Don Inda” durante o incidente do cargueiro, que estivo preto de converterse nunha nova catástrofe nas costas galegas.

O responsable socialista apunta que ningún dos remolcadores desprazados ás costas de Ferrol era o Don Inda, o mais potente do Estado, construído polo anterior goberno central e destinado a Galicia. Sinala que este buque ten potencia de abondo para actuar en caso de forte oleaxe e temporal, como o que se rexistrou onte, e que permitiría sortear os problemas que tiveron que afrontar os barcos encargados do rescate.

Considera “inexplicable” que o buque non estivera no lugar dos feitos “co risco de derivar o incidente en algo moito mais grave por non ter dispoñibles os medios necesarios”. Pregúntalle ao goberno galego “se coñece onde estaba o barco e porque non foi desprazado á zona” para axuda á embarcación holandesa, que estivo navegando á deriva polas dificultades cos amarres.

Prestige

O responsable socialista quere que o goberno galego explique si o seu obxectivo é “repetir un Prestige desmantelando os medios que Galicia e o goberno galego tiñan para protexer as nosas costas”. Considera “incomprensible que se desprotexa a costa galega cando deberan estar plenamente dispoñibles os medios necesarios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar