José Ramón Val denuncia “improvisación e irresponsabilidade” da Xunta na última marea vermella

José Ramón Val denuncia “improvisación e irresponsabilidade” da Xunta na última marea vermella

José Ramón Val denuncia “improvisación e irresponsabilidade” da Xunta na última marea vermella

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista esixe medidas compensatorias para os afectados polo peche decretado polo goberno galego

Marisqueo a péO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, denunciou hoxe a “absoluta improvisación” da Xunta fronte á última marea vermella, que mantén pechadas dende hai un mes. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca que se celebrou hoxe para esixirlle ao goberno galego medidas compensatorias para os afectados.

Sinalou que “a administración debe poñer todos os medios e mecanismos para evitar as posibles consecuencias ou danos colaterais que se lle poida ocasionar ao sector” por un dos episodios mais virulentos desta toxina. Lembrou que o Intecmar decretou o peche de 46 polígonos bateeiros e 18 bancos marisqueiros dende o pasado 9 de outubro, un “duro revés” para os profesionais, o que non impediu que o organismo pechara a fin de semana en que comezou a marea vermella.

Val Alonso puntualizou que a actuación da administración autonómica foi “incorrecta para tratar de minimizar as consecuencias” deste fenómeno natural, decretando o peche das explotacións en pleno arranque da campaña extractiva sen plantexar ningunha medida compensatoria “mais alá de estudar unha campaña publicitaria”.

Lembrou que o peche “chegou tarde, unha vez rematada a xornada de traballo nos bancos marisqueiros, o que entre outras cousas supuxo que tiveran que ser devoltas ao mar preto de tres toneladas de ameixa extraída das zonas de San Telmo, Raxó, Lourizán e Combarro, ou que mais de 9 toneladas de berberecho subhastadas o luns en Noia e mercadas por unha conserveira tiveran que ser empregadas para abono”.

Tremenda irresponsabilidade

O responsable socialista lamentou que a conselleira do Medio Rural e Marítimo concluíra que “o único problema é que se vai retrasar a campaña comercial”. Criticou así a “tremenda irresponsabilidade de quen debe implementar as políticas de defensa do sector e quen debe velar polo mantemento do emprego” e que en realidade demóstrase “incapaz de utilizar as ferramentas de que dispoñen”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar