José Luis Méndez Romeu, novo portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

José Luis Méndez Romeu, novo portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

José Luis Méndez Romeu, novo portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

A nova Executiva Nacional do PSdeG reuniuse esta tarde por segunda vez para tomar diferentes decisións de carácter orgánico e político. Entre elas, os membros da CENG aprobaron nomear a José Luis Méndez Romeu como voceiro parlamentario do PSdeG, unha decisión que chega tras unha reunión previa o pasado venres con todos os deputados socialistas para coñecer a súa opinión antes de sometela ao ditame da Executiva. Méndez Romeu, que acumula unha ampla experiencia política e foi edil no Concello da Coruña, secretario de Estado de Cooperación Territorial e conselleiro de Presidencia, releva así nesta responsabilidade a Abel Losada. A Executiva decidiu tamén deixar vacante o posto da presidencia.

Por outra banda, a CENG analizou as enmendas das catro provincias aos Orzamentos do Estado despois da reunión de traballo desta fin de semana entre representantes provinciais do partido, deputados e senadores, no que foi unha das accións prioritarias nos primeiros oito días desde a elección da nova dirección do partido. Uns Orzamentos “moi preocupantes polo tocante a Galicia, sobre todo polo que supoñen de brecha social”, coa “preocupación polo futuro que pasa polos pensionistas, polos mozos e mozas que queren recuperar o futuro ou pola carencia de inversións produtivas” para Galicia, tal e como manfestou esa mañá nunha compaencencia ante os medios o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro. “Iso é o que lle preocupa á xente, o día a día, o difícil que é chegar a fin de mes, e creo que os partidos tamén temos que dar unha imaxe edificante de que a preocupación real é iso, o que pasa fóra dos partidos”, afirmou Besteiro, que indica que os socialistas deben dirixirse “á maioría social do país e a clase traballadora, que xa non é a mesma que hai 30 anos”.

Reunións con colectivos sociais

Os socialistas estudaron tamén propostas e medidas ante decisións como o repago de medicamentos hospitalarios e planificaron diversas reunións con colectivos sociais en defensa dos servizos públicos que terán lugar nos próximos días, así como encontros institucionais. O secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro, xunto con representantes da Executiva e do grupo parlamentario, reunirase mañá mércores coa Plataforma SOS Sanidade Pública e o xoves coa Plataforma polo Ensino Público, dándolle así prioridade ao apoio e defensa dos servizos públicos. A planificación de cara ao Debate do Estado da Autonomía, así como a organizacón interna do partido, foron outros dos temas tratados.

Condena ao atentado de Beade

Ao inicio da reunión, a Executiva aprobou un manifesto para “condenar de xeito rotundo o atentado” no Concello de Beade “como non pode ser doutro xeito nestes casos e como sempre facemos desde o partido socialista con calquera tipo de acto violento, máis aló de cal sexa a súa autoría e procedencia”, di o texto assinado pola CENG. “Pedimos que se esclarezan os feitos canto antes e reivindicamos a política e o diálogo como única maneira de proceder nunha sociedade democrática”, remata o documento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar