José Blanco: "O 25 de maio ou ratificamos a política económica de recortes do PP ou a rectificamos"

José Blanco: "O 25 de maio ou ratificamos a política económica de recortes do PP ou a rectificamos"

José Blanco: "O 25 de maio ou ratificamos a política económica de recortes do PP ou a rectificamos"

Afirmou que Galicia “vive unha situación de emerxencia”, e aseverou que “nunca houbo tanto paro nesta terra, tantos fogares sen ingresos e tantos desempregados sen cobertura”

Dixo “é a hora de apostar pola industria e as empresas innovadoras e de loitar contra o fraude fiscal e impoñer un imposto á riqueza”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco afirmou “o 25 de maio o ratificamos a politica economica de rercortes do PP ou a rectificamos”.

Jose Blanco visitou onte pola tarde a lonxa e o portos de Muros, acompañado da alcaldesa desta localidade coruñesa Caridad González e os membros da corporación municipal, e mais tarde mantivo unha reunión con militantes. Ali dixo que Galicia “vive unha situación de emerxencia”, e aseverou que “nunca houbo tanto paro nesta terra, tantos fogares sen ingresos e tantos desempregados sen cobertura”.

Replicou que o único que perciben os cidadáns son “os recortes de dereitos sociais e laborais”, por iso demandou “dar un cambio de rumbo nos próximos comicios para frear esta sangría”, espetou.

Asi as cousas demandou dar un “cambio de rumbo as maiorías conservadoras”, das que levan anos impoñendo dende Bruxelas. Blanco dixo que “non hai que esperar. Nin para que nos dicten a política pesqueira, porque témola que dictar nós. O que hai que facer é ir votar dentro de 24 días para botalos e frear os recortes”, insistiu.

E subliñou “non nos resignamos ante os recortes, a precariedade e a desigualdade que están provocando os Gobernos da dereita. Non hai lugar nin para a satisfacción nin para a resignación, agora é a hora da reacción”.

Blanco afirmou “é a hora de apostar pola industria e as empresas innovadoras e de loitar contra o fraude fiscal e impoñer un imposto á riqueza; e non de primar aos defraudadores con amnistías como a realizada polo Goberno español.”.

Insistiu nas suas crtiticas “a dereita quixo aproveitar a crise para cargarse o estado do benestar. Desde que goberna o PP, caeron os diques contra os recortes. E hoxe o resultado é coñecido: crecemento das desigualdades”.
Blanco aseverou que “non é o mesmo un partido que garante prestacións cando unha persoa cae no paro, que outro que as recorta. Un partido que eleva ao máximo os cartos para becas, que outro que os recorta e lle impide aos mozos acceder á universidade. Un partido que defende a sanidade pública e gratuita e outro que privatiza e implanta copagos. Non son o mesmo”.

Por ultimo sinlaou que o único proxecto de esquerdas capaz de devolver ás persoas ao corazón da política é programa dos socialistas. “O 25-M temos a oportunidade de dar un cambio de timón, Galicia pode e debe ser protagonista e motor do cambio cun voto de confianza ao Partido Socialista”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar