José Blanco: "Non é responsable recortar salarios e prestacións, agora é o momento de atender ás necesidades da xente"

José Blanco: "Non é responsable recortar salarios e prestacións, agora é o momento de atender ás necesidades da xente"

José Blanco: "Non é responsable recortar salarios e prestacións, agora é o momento de atender ás necesidades da xente"

Demandou “cambiar o rumbo de Europa para que haxa políticas pensadas nas persoas, e en dar resposta as prioridades da xente”, como o problema do desemprego ou os recortes sociais

Denunciou que dende que goberna Feijoo pecharon en Galicia 8.000 pequenas empresas, por iso insistiu en que “é necesario que dende a Unión Europea apostemos por impulsar a industria e as pemes”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco criticou hoxe as palabras de Feijóo sobre a política responsable dos gobernos da dereita pois, tal e como incidiu, “non é responsable recortar salarios, recortar prestacións, implantar o copago, rebaixar o poder adquisitivo das pensións, permitir que mozos ben formados teñan que emigrar”.

Blanco particpou esta mañá na cidade da Coruña, nun reparto de propaganda para as eleccións europeas do 25 de maio. O candidato socialista dixo que este é o momento de atender as necesidades da xente”. Por iso demandou “cambiar o rumbo de Europa para que haxa politicas pensadas nas persoas, e en dar resposta ás prioridades da xente”, como o problema do desemprego ou os recortes sociais que estan asfixiando economicamente á xente que ten mais dificultades.

Denunciou que dende que goberna Feijoo pecharon en Galicia 8.000 pequenas empresas, por iso insistiu en que “é necesario que dende a Unión Europea apostemos por impulsar a industria a pequena e mediana a empresa”, para que teña credito e para xenerar iniciativa economica para xerar emprego.

E, resumiu, as pequenas empresas “precisan axudas para ser viables, para ter futuro”, xa que xeneran actividade economica e emprego en Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar