José Blanco: "Esta lexislatura vai a rematar con máis paro, máis débeda e con menos protección para a xente que non ten emprego"

José Blanco: "Esta lexislatura vai a rematar con máis paro, máis débeda e con menos protección para a xente que non ten emprego"

José Blanco: "Esta lexislatura vai a rematar con máis paro, máis débeda e con menos protección para a xente que non ten emprego"

Dixo Europa necesita un cambio, necesita volver a axenda marcada por Delors, “pero só poden cambiar as políticas se cambian as maiorías”

Asegurou que da “crise sáese polo camiño do investimento produtivo, polo camiño dos dereitos sociais, polo camiño da industria e a innovación, é dicir polo camiño dos socialistas da esquerda”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco dixo hoxe que as cifras económicas sinalan “esta lexislatura vai rematar con paro, mais débeda e con menos protección para a xente que non ten emprego”.

Blanco mantivo esta tarde unha charla con militantes na Agrupación Socialista de Ourense, acompañado do alcalde da localidade, Augustin Fernández e cargos políticos. Alí asegurou que da “crise sáese polo camiño do investimento produtivo, polo camiño dos dereitos sociais, polo camiño da industria e a innovación, é dicir polo camiño dos socialistas da esquerda”.

Advertiu que é necesario pechar esta época escura de austeridade e abrir unha nova época de prosperidade económica e social, que é a que alenta o proxecto socialista.

E resumiu “Europa necesita un cambio, necesita volver a axenda marcada por Delors, pero só poden cambiar as políticas se cambian as maiorías”. E insistiu “non é desde o illamento, senón desde a maioría que unha voz galega poderá influír para poder cumprir as nosas ambicións como país”.

Debate co candidato popular

Preguntado polos medios de comunicación reiterou a súa petición de debate ao candidato popular Millan Mon “por respecto aos galegos pídolle que o acepte”. Dixo que a estratexia do PP “é a de silenciar esta campaña”, xa que “teñen medo á participación”. E lembrou que “Galicia xogase moito en Europa”, por insistiu nun chamamento a mobilización “hai que pasar da resignación a acción, e eso solo se fai votanto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar