José Blanco: "España non pode avanzar cando retroceden as mulleres"

José Blanco: "España non pode avanzar cando retroceden as mulleres"

José Blanco: "España non pode avanzar cando retroceden as mulleres"

O candidato socialista afirma que Europa tampouco pode avanzar cando retrocede a metade sur do continente debido á austeridade e aos recortes

Compromete o traballo do Partido Socialista para impulsar unha directiva europea contra a violencia de xénero e censura que o Goberno do PP recortara o presuposto nesta materia preto dun 30%

O candidato socialista ao Parlamento Europeo José Blanco advertiu onte que “España non pode avanzar cando retroceden as mulleres, nin Europa pode avanzar cando retrocede a metade sur do continente, debido á austeridade e aos recortes” impostos pola maioría conservadora que goberna en España e en Europa

Nun acto sobre a muller en Europa celebrado na Coruña, Blanco sostivo que estas eleccións son “o momento de combater a desigualdade”. “A única forma de facelo é pechando a porta as políticas reaccionarias da dereita e abrindo a porta ao cambio da man do Partido Socialista para combater a desigualdade salarial e laboral; para impulsar a loita contra a violencia de xénero; para recuperar a igualdade de oportunidades como prioridade política”.

Segundo expuxo, as políticas aplicadas polo Goberno demostran “que ningún dereito é irreversible cando o PP chega ao poder”, polo que é necesario pelexar cada día por defender as cotas de liberdade e benestar que acadamos, “e por ambicionar cada día un país mellor”.

Tal e como sinalou, as políticas impulsadas polo Goberno do PP están a perxudicar especialmente ás mulleres, pois non só se viron afectadas pola reforma laboral de maneira singular, senón que tamén estan a sufrir un recorte en materia de igualdade, de liberdade e “mesmo na protección fronte á violencia de xénero”. A este respecto, considerou “sangrantes” os recortes presupostarios nesta materia, posto que o orzamento se reduciu preto dun 30%.
Blanco exemplificou os ataques do Goberno á igualdade no recorte ao presuposto para políticas neste ámbito, dun 47%, e na reforma laboral que, dixo, supón deixar sen efecto a Lei de Igualdade, facilitando aínda máis a expulsión do emprego das mulleres.
Nesa liña, incidiu en que desapareceron as bonificacións cando se reincorpora unha muller tras unha excedencia polo coidado dun fillo, e se limitou e condicionou o dereito á xornada reducida e o permiso de lactancias. “E as medidas para a conciliación da vida laboral e persoal quedaron eliminadas de facto pola reforma laboral”.

“Máis liberdade, menos ideoloxía”

Con respecto ao proxeto de lei do aborto, Blanco censurou que con esa norma a dereita sitúa á muller “como menor de idade”, cunha “tutela humillante” de segundas e terceiras persoas.

O candidato socialista aseverou que o PSOE vai dar a batalla para que Europa se comprometa coas mulleres, “coa súa igualdade, coa sua liberdade, coa súa dignidade”. Dentro dese compromiso, sinalou que os socialistas proporán combater a desigualdade salarial e laboral, impulsando un Plan Europeo contra a Fenda Salarial que fixe compromisos obrigatorios neste ámbito; promoverán unha Directiva Europea de Igualdade de Trato para erradicar toda forma de sexismo, pero tamén de racismo, homofobia ou calquera tipo de intolerancia; e unha directiva europea para loitar pola seguridade das mulleres e contra a violencia de xénero.

Blanco fixo unha chamada á mobilización o próximo 25 de maio para recuperar a senda da igualdade de dereitos e oportunidades. “Máis liberdade e menos ideoloxía”, concluiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar