José Blanco demandará en Europa un IVE cultural reducido

José Blanco demandará en Europa un IVE cultural reducido

José Blanco demandará en Europa un IVE cultural reducido

No Dia das Letras Galegas afirmou que a nosa lingua “como vehículo de cultura debemos de promóvela e reivindicala”

Asegurou que impulsará iniciativas a prol da nosa cultura, e “para que as nosas industrias culturais poidan medrar e crear emprego, e sexan un motor económico e desenvolvemento”

BlancoO candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco anunciou hoxe que traballará no Parlamento Europeo para que exista en Europa un IVE cultural reducido. Asegurou que impulsará iniciativas a prol da nosa cultura e “para que as nosas industrias culturais poidan medrar e crear emprego, e sexan un motor económico e de desenvolvemento”.

Blanco realizou esta mañá unha visita ao concello ourensán de Celanova, acompañado de Pachi Vázquez e cargos do Partido Socialista. Na terra de Curros e de Celso Emilio Ferreiro demandou un “novo ceo”, evocando a Díaz Castro, que deixe atrás os recortes, a austeridade e o sufrimento.

Dende a Torre de San Salvador de Celanova, restaurada con fondos do 1% cultural, aportados na etapa do Goberno Socialista, asegurou que a “cultura e o patrimonio debe ocupar un lugar estratéxico” para Galicia. No Día das Letras Galegas afirmou que a nosa lingua “como vehículo de cultura debemos de promovela e reivindicala”.

Tamén tivo palabras para o candidato popular, Miguel Arias Cañete, ao avogar por “desterrar a cultura machista que hai no noso pais, e nalgúns sectores”, pois a actitude mantida estes días por Arias Cañete “é a dun mal perdedor, que perdeu os papeis”. Demandoulle que rectifique e que pida desculpas “e senón o fai as mulleres deben de rectificalo o 25 de maio”.

Celanova, Lugo e Ames

O candidato mantén esta mañá unha visita ao concello de Celanova, onde participa nun mitin ás 5 da tarde. Máis tarde desprazase a Lugo para intervir noutro acto con Alfonso Guerra e José Ramón Gómez Besteiro e, pola noite, manterá unha cea con militantes de Ames.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar