José Blanco demanda un cambio de rumbo en Europa "para que a xente volva ser protagonista da Unión Europea"

José Blanco demanda un cambio de rumbo en Europa "para que a xente volva ser protagonista da Unión Europea"

José Blanco demanda un cambio de rumbo en Europa "para que a xente volva ser protagonista da Unión Europea"

Reclama unha mellora nas políticas sociais para a xente que ten menos oportunidades

Avoga por impulsar un cambio nas políticas para facer que flúa o crédito ás pequenas e medianas empresas

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco asegurou esta mañá que o 25 de maio os cidadáns teñen a oportunidade de deixar claro nas urnas “se queren rectificar a política de Rajoy, Merkel e Feijoo”, ou ben “ratificar e dar un cheque en branco” para que sigan facendo a mesma politica de axustes e recortes.

O candidato socialista realizou esta mañá, na Praza da Peregrina, un reparto de publicidade electoral acompañado de cargos da provincia. Alí, Blanco avogou por un cambio de rumbo en Europa “para que a xente volva ser protagonista da Unión Europea”.

Demandou unha mellora nas políticas sociais para a xente que ten menos oportunidades, un impulso ás políticas de fomento do emprego para buscar unha esperanza para a xente moza que está a emigrar, e para os maiores de 45 anos que non teñen oportunidades, así como un impulso para que chegue o crédito ás pequenas e medianas empresas. En definitiva, “para cambiar as prioridades”.

Segundo expuxo, o próximo domingo “podemos facer que Galicia pese en Europa formando parte dunha nova maioria que cambie o rumbo de Europa e da política europea”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar