José Blanco demanda o voto para o Partido Socialista "para que haxa unha maioría en Europa que pare os recortes e impulse o benestar"

José Blanco demanda o voto para o Partido Socialista "para que haxa unha maioría en Europa que pare os recortes e impulse o benestar"

José Blanco demanda o voto para o Partido Socialista "para que haxa unha maioría en Europa que pare os recortes e impulse o benestar"

Asegurou que o 25 de maio é necesaria “unha nova maioría que facilite as pequenas e medianas empresas crédito e pare os especuladores, que aposte polos sectores estratéxicos, pola agricultura, pola gandeiria, pola pesca e polo sector naval”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco fixo hoxe un chamamento á participación e á mobilización para as eleccións do 25 de maio.

Nunha visita esta mañá á feira de Arzúa, Blanco reclamou o voto para o Partido Socialista “para cambiar o rumbo de Europa, para cambiar as políticas, para que haxa unha nova maioría que pare os recortes e que impulse o benestar”.

Asegurou que o 25 de maio é necesaria “unha nova maioría que facilite ás pequenas e medianas empresas crédito e pare aos especuladores, que aposte polos sectores estratéxicos, pola agricultura, pola gandeiría, pola pesca, polo sector naval”.

O candidato socialista pediu o voto “para que haxa unha nova maioría que pense na xente, que pense no emprego”, que é o principal problema que ten hoxe Europa.

Finalmente, asegurou que para cambiar as políticas é necesario cambiar as maiorías, ”por iso o día 25 de maio temos a oportunidade de cambiar a maioría en Europa, de que haxa unha maioría progresista e ter unha voz galega, que poida incidir nesa nova maioría, para falar en nome de Galicia e a favor dos intereses de Galicia”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar