José Blanco demanda cambiar a política económica e social en Europa "porque se non seguiremos pola senda da asfixia social"

José Blanco demanda cambiar a política económica e social en Europa "porque se non seguiremos pola senda da asfixia social"

José Blanco demanda cambiar a política económica e social en Europa "porque se non seguiremos pola senda da asfixia social"

“Europa foi moito mais áxil para rescatar aos bancos e non condicionou esas axudas para xerar actividade económica aos créditos e as pemes”, censura

Dixo que a creación de emprego debe de estar no corazón da politicas económicas de Europa

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco demandou hoxe “cambiar a política económica e social en Europa”, porque do contrario “seguiremos pola senda da asfixia social e económica con consecuencias moi perxudiciais tanto para as persoas como para as pequenas e medianas empresas”.

Blanco mantivo esta mañá unha reunión con empresarios da provincia de Lugo para presentar as medidas que impulsará o Partido Socialista no Parlamento Europeo para combater a crise. Dixo que tódolos indicadores apuntan “que nos vindeiros dous anos imos ter unhas taxas de emprego inadmisibles para España e Galicia”, xa que sitúan o desemprego no ano 2015 por enriba da cifra de cando Rajoy asumiu a súa responsabilidade de Goberno.

Na súa intervención, o candidato socialista demandou unha politica de estimulo “que favoreza o crecemento económico e a creación de emprego”. Sobre o BCE dixo que “Europa foi moito mais áxil para rescatar aos bancos e non condicionou esas axudas para xerar actividade económica aos créditos e as pemes” e demandou fluxo de crédito para os empresarios.

Anunciou que estas propostas son factibles mediante “impostos progresivos e con capacidade de recadación suficiente, ou cunha reforma fiscal en profundidade que grave de verdade as grandes fortunas”.

Tamén fixo referencia ao transporte ferroviario de mercadorías, sector clave para a comunidade. “Queremos que Galicia poida ser unha porta de entrada de mercadorías a Europa”, xa que logramos inserir nas redes transeuropeas de transporte a Monforte como zona loxística dentro do Corredor Atlántico, zona que é preciso desenvolver.

O candidato explicou que os socialistas combaterán a desigualdade crecente mediante investimentos e reformas fiscais concretas. Por iso anunciou medidas como “a posta en marcha dun Pacto polo Emprego que inxecte 10.000 millóns de euros no BEI para aumentar a súa capacidade de financiamento, especialmente de pymes e de proxectos de emprego xuvenil”. Sinalou que esta medida é necesaria para que tódolos mozos poidan conseguir un posto de traballo “porque en Galicia xa non lles queda outra perspectiva que emigrar”.

Asegurou que e a creación de emprego debe de estar no corazón da politicas económicas de Europa.

Citou un un Plan de investimentos europeo equivalente ao 1% do PIB da Unión, o impulso dunha nova política industrial europea que eleve un 25% o seu peso no PIB e restablecer o fluxo de crédito.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar