José Blanco: "Aquí en Galicia o barco de Feijóo vaise a pique cada minuto e cada segundo"

José Blanco: "Aquí en Galicia o barco de Feijóo vaise a pique cada minuto e cada segundo"

José Blanco: "Aquí en Galicia o barco de Feijóo vaise a pique cada minuto e cada segundo"

O candidato socialista dixo “non é o mesmo o PSOE que o PP. Non se pode dar un cheque en branco a quen está a destruir a igualdade de oportunidades”

Replicou que hoxe hai máis paro, máis precariedade, máis desigualdade “esa é a realidade frente ás promesas”

Demandou “darlle un NON masivo a Rajoy e un SI masivo ao Partido Socialista. O único proxecto de esquerdas capaz de devolver ás persoas ao corazón da política”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco asegurou onte que os recortes e as paralizacións de Feijóo e Rajoy son patentes e latentes na Mariña “de recortes sabedes ben aquí, dos recortes na sanidade, donde hai máis de 7 meses de espera para unha resonancia”. Dixo que “aqui en Galicia o barco de Feijóo vaise a pique cada minuto e cada segundo”.

O candidato socialista particpou onte en Foz nunha comida con militantes da Mariña luguesa, e previamente partipou na Manifestación en Vigo do 1 de maio.
Por iso lembrou “veño da manifestación de Vigo, donde milleiros de persoas protestaron contra as politicas de recortes de Feijoo e Rajoy”.

E coas cifras economicas na man debullou un panorama desolador en materia de emprego “1,2 millóns de empregos destruídos. Dous millóns de persoas sen prestación por desemprego. Salarios recortados e subida de impostos asfixiante. En resumo, máis paro, máis precariedade, máis desigualdade. Esa é a realidade frente ás promesas”.

A maiores Blanco aludiu aos datos da EPA desta mesma semana “o Partido Socialista non se conforma con ter 300.000 galegos no paro. Nin con que 130.000 mozos tiveran que emigrar nos últimos 5 anos. Non nos contentamos con que en 34.000 fogares non entre un só euro. Nin con que sexamos a CCAA que lidera a destrución de emprego. Nós non nos conformamos con que 145.000 persoas non teñan ningún tipo de cobertura por desemprego.Non, nos resignamos a ver esmorecer o país”, explicou.

O candidato socialista afirmou que agora “non hai lugar nin para a satisfacción nin para a resignación, porque é a hora da reacción”.

Cambio en Europa

Anunciou ademais o compromiso do grupo Socialista de triplicar os fondos para Emprego Xuvenil, combater o desemprego de longa duración. Igualdade salarial entre mulleres e homes, entre outras prioridades. Pero para que esas alternativas se fagan realidade, “é necesario o cambio en Europa”.

O candidato socialista denunciou que a dereita de Feijóo e Rajoy “quixo aproveitar a crise para cargarse o estado do benestar”. E proseguiu “non é o mesmo o PSOE que o PP. Non se pode dar un cheque en branco a quen está a destruir a igualdade de oportunidades”, replicou.

Asi as cousas Jose Blanco reclamou unha “mobilización masiva contra a austeridade e a favor do crecemento, contra a precariedade e a favor do emprego, contra a inxustiza e a favor da igualdade”.

“Os dereitos sociais -dixo- non se recuperan quedando na casa. O cambio esixe mobilización. Mobilización masiva nas urnas contra a dereita española e europea. Se queremos cambiar Europa, se queremos máis emprego, máis dereitos, máis benestar só hai un camiño: o camiño das urnas”, argumentou.

Por ultimo pediu “darlle un NON masivo a Rajoy e un SI masivo ao Partido Socialista. O único proxecto de esquerdas capaz de devolver ás persoas ao corazón da política”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar